Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato de servicio consistente na adquisición e instalación dunha aplicación informática para a xestión da bolsa de vivendas en alugamento. (Expediente CX036).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición e instalación dunha aplicación informática para a xestión da bolsa de vivendas en alugamento.

b) Prazo de execución: 3 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total oitenta mil euros (80.000 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3454

6. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos

e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

7. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10.00) horas do sexto (6) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo