Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Mondoñedo, no concello de Mondoñedo (Lugo), promovido pola empresa Fergogalicia Vento, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 15 de setembro de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Mondoñedo, no concello de Mondoñedo (Lugo), promovido pola empresa Fergogalicia Vento, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proxecto Parque Eólico Mondoñedo. Febreiro 2001.

-Proxecto Parque Eólico Mondoñedo. Estudio de impacto ambiental. Febreiro 2001.

-Anexo ó proxecto Parque Eólico Mondoñedo. Proposta de medidas correctoras para protección de bens de interese arqueolóxico. Xuño 2002.

-Documentación complementaria do parque eólico de Mondoñedo EsIA. Xuño 2002.

-Anexo ó proxecto Parque Eólico Mondoñedo. Xustificación solución proposta deseño de vías. Agosto 2002.

-Anexo. Documentación complementaria do parque eólico de Mondoñedo EsIA. Agosto 2002.

-Anexo ó proxecto parque eólico de Mondoñedo: Documentación complementaria ó EsIA. Outubro 2002.

-Solución adoptada deseño de vías. Parque eólico Mondoñedo. Marzo 2003.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque Eólico Mondoñedo, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 49,4 MW de potencia total no concello de Mondoñedo (Lugo), constituído por 38 aeroxeradores de 1.300 kW de potencia unitaria, que se localizarán dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

627.6034.815.300

628.4004.815.300

631.6004.813.250

631.6004.811.720

628.0004.809.000

626.0004.809.000

626.0004.810.750

De acordo co indicado no punto 6.3 da DIA, deberá redefinirse o trazado das gabias do cableado, nas condicións sinaladas no citado punto.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle no plano vías, planta xeral proposta. Número de plano: 15000511-01.02. Marzo 03, do documento Solución adoptada deseño de vías. Parque eólico Mondoñedo. Marzo 2003, agás para o que se derive dos puntos 10.1 e 10.2 desta DIA.

As coordenadas UTM dos 38 aeroxeradores previstos son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

1627.3884.812.103

2627.4764.812.011

3627.5834.811.935

4628.3724.812.496

5628.4314.812.393

6628.5294.812.310

7628.6334.812.236

8627.3174.813.917

9627.4644.813.869

10627.5974.813.778

11627.8134.813.799

12627.9104.813.723

13628.0134.813.640

14628.0844.813.543

15628.1744.813.466

16628.2624.813.376

17628.3734.813.310

18628.4374.813.212

19628.5824.813.088

20629.0104.812.700

21629.0974.812.603

22629.1894.812.528

23629.2644.812.410

24629.3924.812.379

25629.5034.812.301

26629.5724.812.203

27629.5774.811.974

28629.6764.811.896

29629.1224.813.338

30629.2394.813.295

31630.0574.812.600

32630.1804.812.544

33630.3044.812.493

34630.3524.812.366

35629.7244.813.421

36629.8414.813.357

37629.9624.813.300

38630.0644.813.227

Liña de evacuación de enerxía.

En relación coa liña de evacuación de enerxía do parque, presentarase a documentación requirida no derradeiro parágrafo do punto 10 desta DIA, co fin de comprobar se estaría sometida a algún tipo de tramitación ambiental.

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po, deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

Para tal fin, levarase a cabo un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, debendo presentarse un plan de control do nivel de ruído, de acordo co requirido no punto 10.3 da DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga (cruzamentos de vías, gabias de cableado...) así como calquera captación ou vertido, precisará da autorización de Augas de Galicia, conforme o establecido no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Estas actuacións deberán axustarse ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

As obras non poderán afecta-la calidade e volume das augas que teñan por finalidade o abastecemento público dos núcleos e das zonas de afección das construccións, tendo prioridade este servicio fronte a calquera outro.

Realizarase un control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe previstos (tanto transversais como lonxitudinais) e das condicións de incorporación das augas á rede natural, presentando para tal fin a documentación requirida no punto 10.4 da DIA.

Extremaranse as precaucións na execución das obras nas zonas de afección potencial á rede hidrolóxica, tanto directas como indirectas, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación.

Non se acumularán terras, entullo, material de obra nin calquera outro tipo de materiais nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga ou nas áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, co fin de evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos fluviais.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e/ou terraplén resultantes da execución da obra civil, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto dende planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

A circulación de vehículos e maquinaria de obra no parque restrinxirase ás vías e zonas acondicionadas para o efecto.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas na documentación ambiental, non permitíndose o seu sobredimensionamento. En concreto, as plataformas de montaxe axustaranse ó recollido no documento Anexo ó proxecto parque eólico de Mondoñedo: documentación complementaria ó EsIA. Outubro 2002.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 10.2 desta DIA.

Non se poderán efectuar préstamos na zona, salvo xustificación previa. En toda caso, deberán te-la súa procedencia debidamente acreditada, téndose que restauralos ó finaliza-la obra.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da construcción, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de obras realizaranse en talleres legalmente establecidos, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria, estas tarefas realizaranse na zona de instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles verteduras.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

En tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control do parque.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Nos pasos canadenses que se instalen para impedi-lo paso do gando, deberán adoptarse medidas que posibiliten o escape dos pequenos vertebrados que poidan caer ó foxo, que poden consistir, entre outras, nunha rampla de subida ou foxo con laterais abertos. Ditas medidas describiranse axeitadamente, conforme ó requirido no punto 10.5 da DIA.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola presencia dos aeroxeradores.

Para tal fin levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto e unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques eólicos e liñas de alta tensión da zona. Neste senso, presentarase a documentación requirida nos puntos 10.6 e 10.7 da DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder a súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, de acordo coa Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres. En todo momento garantirase que as obras non alteren as condicións de hidromorfía das áreas higroturbófilas e outras áreas hidromorfas.

Con este obxectivo, a vía entre os aeroxeradores 12 e 13 estará dotado dunha capa permeable que permita perfectamente a drenaxe, aplicando a técnica constructiva descrita no documento Anexo ó proxecto parque eólico de Mondoñedo: documentación complementaria ó EsIA. Outubro 2002.

Así mesmo, deberá redefinirse o trazado das gabias do cableado, de xeito que se axuste o máximo posible ó trazado das vías existentes ou que se vain a acondicionar. No caso das vías de nova construcción, deberá embutirse no propio firme, agás que por motivos de mantemento se considere a opción de facelas paralelas ás pistas, debendo neste caso cumpri-lo requisito de máximo achegamento. En todo caso, as gabias non poderán levar como recheo materiais que xeren efecto presa, como o formigón. A solución constructiva adoptada e o trazado final proposto detallaranse na documentación requirida no punto 10.1 da DIA.

Durante as fases de replanteo e execución de obra realizarase un seguimento en campo co obxecto de verificar que se respectan os valores polos que o espacio natural foi protexido e comprobar que non se producen impactos imprevistos e se adoptan as medidas protectoras e correctoras indicadas na documentación avaliada e as establecidas na presente DIA. Así mesmo, poderase solicita-la adopción de medidas compensatorias, de estimarse necesarias no seu momento.

7. Protección do patrimonio cultural.

Tendo en conta as modificacións puntuais introducidas no proxecto con posterioridade á elaboración do documento Anexo ó proxecto Parque Eólico Mondoñedo. Proposta de medidas correctoras para protección de bens de interese arqueolóxico. Xuño 2002, así como o requirido no punto 6.3 en relación coas gabias do cableado, será preciso o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre o plano requirido no punto 10.2 da DIA, co fin de asegura-la protección dos elementos do patrimonio cultural presentes na área do parque.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque eólico, polo que, previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos rozados, dos perfís das gabias do cableado e prospección de cobertura total naquelas áreas remexidas en superficie.

A sinalización dos xacigos arqueolóxicos recollidos no estudio de impacto arqueolóxico farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ó inicio das obras.

En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente

na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

O acabado exterior do edificio de control adecuarase ó tradicional da zona, con revestimento de pedra e cuberta de lousa, de acordo co indicado no estudio ambiental.

Os afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico ou paisaxístico existentes na zona deberán ser preservados de calquera dano. Se isto comportase o desvío dalgunha infraestructura ou instalación, seguirase o indicado no punto 12.4 desta DIA.

9. Restauración.

Tódalas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes das vías, foxos, contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o mantemento da revexetación ó longo do tempo.

Para tal fin, levarase a cabo o plan de recuperación de solos e vexetaciónde incluído na Documentación complementaria do parque eólico de Mondoñedo EsIA. Xuño 2002, realizando un seguimento da súa efectividade, tal como se contempla no plan presentado. Incrementarase a intensidade do seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

A mestura de sementes será a sinalada no punto 1.4 do documento Solución adoptada deseño de vías. Parque eólico Mondoñedo. Marzo 2003.

Os labores de restauración e revexetación deberán realizarse paralelamente ó avance da obra, conforme as distintas superficies a restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de acada-la integración paisaxística das zonas alteradas dende un principio.

Ó finaliza-las obras retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura auxiliar, procedendo á recuperación da zona afectada.

Na fase de desmantelamento e abandono do parque, unha vez rematada a súa vida útil, levaranse a cabo tódalas actuacións necesarias para recupera-la situación preoperacional da zona ocupada pola instalación, incluíndo a restauración das vías creadas para uso exclusivo do parque e a revexetación das zonas afectadas pola desmontaxe. Para tal fin, presentarase a documentación requirida no punto 10.8 da DIA.

10. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen lle dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición das medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, catro (4) exemplares da seguinte documentación:

10.1. Solución constructiva adoptada para as gabias do cableado, de acordo co indicado no punto 6.3 da DIA. O percorrido proposto acompañarase dunha valoración ambiental, que preste especial atención á preservación dos hábitats naturais, e informe arqueolóxico subscrito por técnico arqueólogo competente.

10.2. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, incorporando as modificacións que se deriven do documento anterior.

Diferenciaranse, en cores ou grafía distintiva, as vías preexistentes dos de nova construcción e aqueles que se vaian acondicionar, indicando na lenda a lonxitude de cada tipo e a das gabias do cableado. Reflectiranse tamén o punto/os de acceso ó parque, elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e amoreamento de materiais. Acompañarase dunha táboa coas coordenadas UTM dos aeroxeradores.

Unha vez que conte co informe favorable deste dirección xeral a documentación requirida nos puntos anteriores, presentaranse tres (3) exemplares de:

10.3. Plan de seguimento do nivel de ruído, conforme a Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica e o Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento da antedita lei, no que como mínimo se inclúa:

-Proposta xustificada de puntos de control, centrándose nas vivendas existentes a menos dun quilómetro dos aeroxeradores, e incluíndo como mínimo un punto de medición na área do parque. Acompañarase dun plano de localización dos puntos de control, relativizados coas instalacións previstas, a escala mínima 1:25.000, e dunha táboa indicando a súa distancia ó aeroxerador máis próximo.

-Metodoloxía para a realización das medicións, indicando a súa frecuencia tanto na fase de obras como na de funcionamento.

-Resultados dunha medición na fase preoperacional, en tódolos puntos propostos. As medicións deben ser efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral e o informe de resultados debe estar asinado polo técnico da entidade realizadora da medición. Indicarase a velocidade do vento durante o período de medición.

10.4. Plan de control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe previstos (tanto transversais

como lonxitudinais), comprobación do mantemento do réxime hídrico preexistente e condicións de incorporación das augas de drenaxe ó medio natural.

10.5. Descrición dos sistemas de escape de pequenos vertebrados que se vaian instalar nos pasos canadenses, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA.

10.6. Addenda ó plan de seguimento de avifauna, que inclúa:

-Resultados da campaña preoperacional proposta no plan presentado polo promotor.

-Xustificación do radio que se teña que revisar baixo os aeroxeradores na detección de aves colisionadas, tendo en conta o tamaño do rotor que se vaia instalar.

-Proposta detallada de medidas protectoras e/ou correctoras que se vaian adoptar no caso de acada-los limiares de alerta e inadmisible. Medidas propostas para a detección e corrección de impactos puntuais imprevistos, por desvío de rutas migratorias ou pasos, acumulación temporal de aves na área, etcétera.

10.7. Proposta metodolóxica para a detección e valoración dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna, integrando o conxunto dos parques eólicos e liñas de alta tensión do espacio natural serra do Xistral, conforme o proposto no plan presentado e o sinalado no punto 6.1 da DIA. O alcance e contido da dita proposta será consensuado coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

10.8. Addenda ó plan de restauración presentado, que inclúa:

-Novo orzamento da restauración asociada á fase de obras, coas modificacións derivadas do novo trazado das gabias do cableado a tenor do requirido no punto 6.3 da DIA.

-Descrición e valoración económica de tódalas actuacións previstas para o desmantelamento e abandono do parque, contendo memoria, planos, prego de condicións e orzamento, conforme o punto 9 da DIA.

Os orzamentos, que se presentarán individualizados para cada fase, incluirán medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

10.9. Identificación do responsable ambiental por parte do promotor, en cumprimento do indicado no punto 12.3 da presente DIA.

10.10. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras (referida á contrata ou contratas que vaian executa-lo parque), de acordo co Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

10.11. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o resultado da dita avaliación, non podendo proceder o inicio das obras ata que conte co informe favorable desta dirección xeral sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez recibido informe favorable desta dirección xeral sobre o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta Dirección Xeral a data de inicio das obras e remitirá, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, o cronograma estimado de obras, no que figuren tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

Liña de evacuación de enerxía.

De acordo co sinalado no punto 1 da presente DIA, en relación coa liña de evacuación de enerxía do parque presentarase a seguinte documentación:

-Data da solicitude de autorización, no seu caso.

-Lonxitude e potencia da liña.

-Plano en planta da traza prevista, a escala mínima 1:25.000 e dotado de coordenadas UTM, no que se identifiquen claramente os puntos de inicio e fin, acompañado dunha listaxe das coordenadas UTM dos apoios, en formato papel e soporte informático.

11. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas na documentación avaliada e no condicionado da declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

No caso de que durante o seguimento ambiental se detectasen, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, comunicando a esta dirección xeral a incidencia detectada e propoñendo as medidas correctoras precisas para corrixila, que serán avaliadas polo órgano ambiental, quen informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo

e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Durante a execución das obras presentarase, con carácter trimestral, un informe de obras que como mínimo inclúa:

a) Cronograma de obras actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización.

b) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, con medicións en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento. As medicións serán efectuadas por entidade homologada por esta dirección xeral, e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade.

c) Resultados do plan de control do funcionamento da rede de drenaxe, mantemento do réxime hídrico e condicións de incorporación das augas ó medio natural.

d) Informe onde se detallen, para aqueles indicadores ambientais que non teñan plans de seguimento específicos, os controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levadas a cabo, xestión dos residuos de obra, etcétera. O informe reflectirá o cumprimento da declaración en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela.

e) Informe de avance da obra, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos en relación a tódolos compoñentes do proxecto. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

f) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e a porcentaxe de execución respecto ó total, referido a tódolos elementos que conforman o proxecto.

11.2. Ó final das obras, comunicarase a data de posta en marcha do parque. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Informe onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras e o estado final destas trala súa finalización, así como os controis ambientais e medidas protectoras e correctoras levadas a cabo, incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal; descrición detallada do estado final da área afectada en relación a tódolos aspectos contemplados no estudio ambiental e no condicionado da declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado das vías, drenaxes e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras, etcétera. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Plano as built, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, así como as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras.

d) Documentación acreditativa de ter notificado por parte do promotor do parque a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.3. Informe ambiental semestral, a presentar dende o inicio da fase de explotación, durante os dous primeiros anos desta. Incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados do plan de seguimento do nivel de ruído, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición.

b) Resultados do control dos dispositivos de drenaxe, mantemento do réxime hídrico e condicións de incorporación das augas á rede natural, de acordo co punto 3 da DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o punto 6.1.

d) Informe dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos, conforme o que se derive da documentación requirida no punto 10.7 da DIA.

e) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado dos viais, cunetas, plataformas de montaxe, gabias do cableado, drenaxes e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detallaranse os controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas. Describiranse as posibles incidencias en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e hora, acompañándoas dun plano de localización.

11.4. Informe ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, con carácter xeral, os contidos do informe descrito no punto anterior.

Non obstante, esta dirección xeral, á vista dos resultados obtidos no seguimento ou por proposta motivada do promotor poderá modifica-lo contido do dito informe ou a frecuencia dos controis que hai que realizar.

11.5. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase un cronograma estimado das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación, acompañado, se é o caso, dun informe indicando as posibles variacións respecto do plan de desmantelamento previsto, xunto coa súa xustificación.

11.6. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o remate dos traballos de desmantelamento e abandono do parque, remitirase un informe acompañado de reportaxe fotográfica, que conteña a descrición das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión dos residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas.

12. Condicións adicionais.

12.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicaralle a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

12.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizaralle a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá a súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

12.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen llo comunicará ó órgano ambiental.

12.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou

non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

12.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó medio e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixar o órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade dun millón trescentos setenta e sete mil catrocentos catro euros con cinco céntimos (1.377.404,5). O importe definitivo do aval, que será actualizable, poderá propoñerse cando se dispoña do orzamento do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 10.8 da DIA.

12.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

12.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

12.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

12.9. Deberán efectuarse os trámites oportunos para a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia. Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2003. José Luis Díez Yáñez. Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto denominado Parque Eólico Mondoñedo, promovido pola empresa Fergogalicia Vento, S.L., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 38 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, no concello de Mondoñedo (Lugo). Os aeroxeradores distribuiranse dentro do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

-Número de aeroxeradores: 38.

-Modelo: GAMESA/MADE/NEG-MICON/BOMUS-BAZÁN.

-Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 49,4 MW.

-Altura das torres: 50/60/68 m.

-Diámetro do rotor: 61/62 m.

-Investimento previsto: 34.435.112,98 euros.

A obra civil inclúe a execución duns 13.078 m de vías de acceso ós aeroxeradores, cun largo de rodada de 4 m e dotados de foxos e drenaxes transversais para a recollida e evacuación de augas pluviais. Prevese a execución duns 4.629 m de gabias de conducción do cableado separadas das vías, cun largo de 100 cm, estando o resto do tendido baixo as pistas ou anexo a estas.

Medidas preventivas e correctoras

Protección da atmosfera.

-Rega de vías e plataformas nos períodos de seca.

-Seguimento do nivel de ruídos en obra e funcionamento.

-Manta de goma durante a realización de voaduras, para diminuí-lo ruído e evitar dispersión de fragmentos de rocha.

-Verificación de interferencias electromagnéticas.

Protección do solo e rede hidrolóxica.

-Disposición das gabias do cableado paralelas ás vías na maior parte do percorrido.

-Compensación de superficies de desmonte e terraplén.

-Plan de recuperación de solos e vexetación.

-Incrementa-la construcción de vías sobre o terreo, sen realizar escavacións.

-Reducir ó mínimo a perturbación de terreos adxacentes ás vías.

-Evita-la modificacións das condicións de drenaxe do terreo.

-Reducir ó mínimo a formación de noiros, e revexetación dos que sexa preciso realizar.

-Adopción de medidas de conservación de solo na fase de construcción.

-A saída de augas realizarase por zonas que causen menor erosión.

-Dotación dunha rede de drenaxe, con foxos, tubos transversais e suficientes puntos de vertedura, e sistemas de disipación á saída.

Protección da vexetación.

-Mante-lo hábitat existente, reducindo de forma sistemática o grao de ocupación e compactación derivado de calquera obra civil.

-Emprego de técnicas adecuadas de roza da vexetación, que favorezan a revexetación polas especies da zona nas áreas afectadas polas obras.

-Aínda que as instalacións do proxecto non modifican substancialmente as formacións de vexetación de maior valor da zona, deberán terse en conta as medidas correctoras propostas para o solo, co fin de evitar efectos indirectos non desexados.

-Durante a fase inicial do plan de vixilancia levaríase a cabo un recoñecemento de detalle de evolución estacional das especies e comunidades de interese, co fin de afina-la eficacia das medidas correctoras propostas e evita-los efectos das accións de proxecto que puideran transformalas.

Protección da fauna.

-Deseño das torres e pas dos aeroxeradores de xeito que diminúen a posibilidade de colisión de aves. Tecnoloxía de control e funcionamento para evita-los episodios de colisión.

-No caso de detectarse un elevado número de colisións, atrasarase a entrada en funcionamento dos aeroxeradores máis conflictivos.

-Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna.

Sobre a paisaxe.

-Aproveitamento de vías existentes na medida do posible. Acabado superficial escuro para evita-lo contraste.

-Medidas no deseño dos aeroxeradores (diminuí-la seccións das pas, torres de baixa solidez) e emprego de cores pouco rechamantes e acabado de tono mate.

ANEXO II

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite un primeiro informe favorable ó estudio de impacto ambiental e ás medidas correctoras, establecendo, ademais das medidas habituais de control arqueolóxico, a necesidade de desprazamento do aeroxerador nº 10, a gabia do cableado e a súa vía de conexión, a distancia que sexa necesaria para que non sexa destruído o elemento impactado (elemento etnográfico PU010214D02).

Con posterioridade, en relación co documento Anexo ó proxecto Parque Eólico Mondoñedo. Propuesta de medidas correctoras para protección de bens de interese arqueolóxico. Xuño 2002, no que se recolle o desprazamento do mencionado aeroxerador nº 10 e infraestructuras asociadas, emite infor

me favorable ás modificacións propostas, cos seguintes condicionantes cómpre incluír na declaración ambiental:

1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e logo do inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

2. Durante a fase de execución de obra procederase á inspección dos terreos desbrozados, dos perfís das gabias e prospección de cobertura total naquelas áreas remexidas en superficie.

3. A sinalización dos xacigos arqueolóxicos recollidos no estudio de impacto farase na fase de replanteo ou, en todo caso, en momentos previos ó inicio das obras.

4. En función dos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A antiga Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite un primeiro informe que inclúe un resumo do proxecto, e comentarios sobre a situación do proxecto en relación ós espacios naturais protexidos, indicando que as instalacións e infraestructuras do proxecto se sitúan na proposta de LIC denominada serra do Xistral. Este espacio atópase, na actualidade, no rexistro xeral de espacios naturais en réxime de protección xeral, establecido así na Orde do 7 de xuño de 2001. Así mesmo, poñen de manifesto unha serie de carencias, que deben ser emendadas, en relación coa representación gráfica, cuantificación da afección, medidas correctoras e compensatorias dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes na área do parque.

No relativo á documentación, expón as seguintes consideracións:

1. O espacio natural da serra do Xistral debe ser considerado como unha unidade ecolóxica, polo que no estudio individual do proxecto deben considera-las interaccións cos demais elementos artificiais do medio, que sexan susceptibles de orixinar efectos sinérxicos ou acumulativos sobre os valores do espacio natural. As sinerxias son importantes sobre as aves e os impactos acumulativos sobre os hábitats.

2. Deberá desenvolverse un plan de seguimento de avifauna que terá en conta os seguintes criterios:

-Presentación con regularidade periódica dos resultados obtidos.

-Presentación de forma explícita dos datos empregados na consecución dos resultados.

-O parque eólico e as liñas de alta tensión poden ocasionar unha mortandade despreciable durante moitos anos e provocar despois repentinamente (durante unha xustaposición casual de certa bandada de aves con certas condicións meteorolóxicas adversas e certa alteración) unha mortandade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Polo que o plan debe formularse para que se superpoña en duración co tempo de afección do proxecto, ou sexa, durante a súa vida útil.

-Implementaranse as medidas mínimas para a detección de calquera impacto negativo imprevisto que se poida producir sobre as poboacións de aves, tanto durante a execución como a explotación. Unha vez detectado o posible impacto adoptaranse as medidas cautelares que procedan, dando comunicación inmediata dos feitos ó organismo competente.

-Determinación de limiares de alerta, cunha metodoloxía rigorosa que sirva para a adopción das medidas oportunas, como pode se-la estipulación dun período de parada de aeroxeradores por mortandade temporal de aves.

-En definitiva, deberíanse integra-lo conxunto dos plans de vixilancia, así como os resultados e as medidas desprendidas deles nun plan xeral que abarque o conxunto dos parques na serra do Xistral, xustificando a viabilidade e necesidade desta proposta por tratarse dun espacio con hábitats fundamentais para as aves, que a integración nun plan xenérico reduciría os custos e que os resultados finais terían unha calidade moi superior, podendo determinar medida máis rigorosas en función destes.

3. Dotarase a rede de drenaxe do numero suficiente de puntos de vertedura e instalaranse sistemas de disipación de enerxía a súa saída. Respectaranse os leitos naturais susceptibles de seren afectados polas obras, de xeito que quede garantido o réxime de caudais. Nas seccións directamente implicadas (paso dunha pista), certificarase que o fluxo hídrico manteña as condicións actuais de velocidade, para o que se establecerán as infraestructuras que sexan precisas. Evitarase a vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullo, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexislación vixente. En relación co tema terase en conta:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullo, material sobrante

da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorregas ou crecidas do caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

-Vixiarase con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes das pistas, tomándose as medidas oportunas para solventar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia durante a vida do parque.

Subliña-la necesidade de non efectuar ningún tipo de actuación nos leitos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de servidume e policía sen a previa autorización do organismo de bacía. No caso de que esta afección atinxa ós ecosistemas fluviais, requerirase informe preceptivo desta Dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3 do Decreto 130/1997.

4. Deberá presentarse o correpondente plan de revexetación.

5. Tomaranse as precaucións oportunas para que nas rozas e cortas varias de vexetación non se afecte a valores naturais protexidos pola lexislación. No caso de detectarse, procederase a súa delimitación, así como a adopción das medidas precisas para a súa preservación. Xestionaranse os residuos vexetais producidos, recomendando a súa trituración e esparexemento homoxéneo. Onde se pretenda efectuar corta de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal se terá que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. No suposto de afectarse á vexetación de ribeira terase que solicitar a correspondente autorización ó Servicio Provincial de M.A.N, tal e como establece o regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

6. Non se poderá depositar nin acumular na área do parque, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallo sólido. No caso de se empregaren canteiras abandonadas ou outros lugares de amoreamento debe indicarse cales, ademais de cómo se pensan depositar e qué actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito de xeito que se consiga unha boa integración no medio. En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como os que proveñan das labores de mantemento ou outras deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

Con independencia do previsto no plan de vixilancia do estudio ambiental, durante o replanteo e execución do proxecto deberanse efectua-los controis oportunos para garantir que non se produzan impactos imprevistos, sobre todo nas poboacións de aves. No momento en que se detecte un posible

impacto tomaranse as medidas necesarias para evitalo, comunicándolle ó correspondente servicio de Medio Ambiente Natural tal situación, así como as medidas que se planifican adoptar. En todo caso, paralizaranse aquelas obras susceptibles de produci-la devandita afección, en tanto o organismo competente non se pronuncie.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza (que actualmente ten as competencias na materia de referencia) emite un segundo informe, sobre os documentos Documentación complementaria do parque eólico de Mondoñedo EsIA. Xuño 2002, Anexo ó proxecto Parque Eólico Mondoñedo. Xustificación solución proposta diseño de vías. Agosto 2002 e anexo. Documentación complementaria del parque eólico de Mondoñedo EsIA. Agosto 2002 no que indica, en relación ós hábitats naturais, que estima que a afección introducida pola implementación do parque non compromete a continuidade dos hábitats naturais afectados, sosténdose polo tanto a posibilidade do mantemento destes nun estado de conservación favorable.

Malia o anterior, establece unha serie de modificacións en certos tramos de vía así como unha serie de medidas constructivas, e o cambio de posición dos aeroxeradores 8, 13, 18 e 19. Así mesmo, seguirase que no seu momento se dispoña para equilibra-los impactos, aínda que asumibles, si orixinados.

Ademais do anterior, fai as seguintes consideracións:

1. Drenaxes; preveranse sistemas disipadores de enerxía e barreiras de sedimentos á saída dos bueiros.

2. Gabias do cableado; no caso das pistas de nova execución deben facerse baixo elas, sendo máis axeitado que formen parte do corpo destas, embutidas no firme. Deberán presentarse as solucións constructivas adoptadas. No caso de transcorrer paralelamente a pistas xa existentes ou a acondicionar, bastará con achegalos o máximo a estas. En todo caso, as gabias non deben levar como recheo materiais que xeren efecto presa, tal que o formigón. En caso de ser imprescindible dotaranse dos suficientes ocos drenantes. De todos modos presentarase xustificación á solución adoptada.

3. Plataformas de montaxe; diminuirase en máis de 650 m o tamaño das plataformas de montaxe propostas (1.000 m), debendo presentarse o deseño previsto e os criterios técnicos constructivos.

4. Pasos de gando; adoptaranse medidas que eviten a morte dos pequenos vertebrados que poidan caer ó foxo, debéndose describir axeitadamente.

5. Aves e quirópteros; corroboran a necesidade de contempla-los contidos expostos no informe anterior e indican que terá que presentarse campaña preoperacional.

Nun terceiro informe, sobre os documentos Anexo ó proxecto parque eólico de Mondoñedo: documentación complementaria al EsIA. Outubro 2002 e Solución adoptada deseño de vías. Parque Eólico Mondoñedo. Marzo 2003, que pretenden dar resposta ós condicionados expostos no anterior informe, indican que os principais problemas detectados na infraestructura viaria foron emendados no segundo dos documentos mencionados. Polo tanto, de cumprirse o exposto na documentación e informes emitidos ó respecto, non hai motivos para non estimar unha adecuada integración ambiental do proxecto. De todos modos, a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística que inclúe os seguintes puntos: características do proxecto e localización, impacto turístico-ambiental, principios normativos nos que se basea o informe e conclusións, indicando que non se considera que a instalación do parque poida supoñer un incremento de consideración do impacto visual existente na paisaxe pero que, non obstante, producirá unha serie de impactos ambientais negativos comúns a este tipo de actuacións que deberán ser minimizados coa aplicación do programa de vixilancia ambiental.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición da rede hidrolóxica na área do parque e un resumo das características do proxecto avaliado e da súa localización, acompañado do seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallo neles. Prohibirase o lavado de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regos afectados. A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción do parque eólico, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

Un condicionante básico que cómpre entender desta área, sería que a futura autorización reflictise que a instalación se axustará ó cumprimento da proposta do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas directrices, en todos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se con motivo da realización dalgún acceso ou vía con gabia do cableado se produce algún cruzamento cun curso fluvial ou se interrompe algún sistema de abastecemento das parroquias dos consellos afectados, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas, no texto refundido aprobado polo Real decreto 1/2001, do 20 de xullo.

En definitiva, esta área considera que a instalación do citado parque eólico non produce alteracións importantes en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras especificadas neste informe.

Non obstante, faise indispensable unha correcta execución do parque, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando sobre toda a vertedura accidental de substancias contaminantes ou as interrupcións de abastecemento, sendo necesario, neste caso, a autorización preceptiva segundo a lexislación vixente de augas.

No caso de que as características deste parque precisasen do uso regular de auga para o seu funcionamento e fose necesario realizar captación de auga ou se producisen verteduras de augas residuais ou cruzamentos da rede fluvial, será tamén preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia.

ANEXO III

Resumo das alegacións

A Asociación Forestal Ourensana (ASOFOR) alega carencias no estudio ambiental e cuestións relativas á utilidade pública do proxecto e titularidade e usos do solo das parcelas que ocupará o parque eólico.

Luis Fernández Ramos, en representación das Xuntas Rectoras dos MVMC de Estelo, Tronceda e San Martiño de Figueiras alega a baixa calidade do proxecto de execución e cuestións relativas á utilidade pública do proxecto, titularidade e usos do solo das parcelas que ocupará o parque eólico, relación de bens e dereitos afectados, impactos sobre a rede hidrolóxica, vexetación e outros (non especifica) non adecuadamente valorados no estudio ambiental.