Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 24 de novembro de 2003, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Carlos del Olmo Fernández, avalada co visto e prace do presidente, José María Hidalgo González, na que se reflicte o acordo acadado pola xunta directiva, na reunión celebrada o 11 de setembro de 2003 e que consiste na modificación do domicilio social da asociación, que pasa a ser Rúa San Salvador número 2, 4º Vigo (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais