Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve-

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 20 de novembro de 2003, certificación expedida polo secretario da asociación, Santiago Paz Sixto, onde se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral da asociación na reunión que tivo lugar o 10 de novembro de 2003, e que consiste na modificación do artigo 6 dos estatutos, que fai referencia ós fins da asociación.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais