Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, da contratación para a adquisición, implantación e mantemento dun sistema de información para a xestión dos laboratorios do Servicio Galego de Saúde (S/009-2004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/009-2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación para a adquisición, implantación e mantemento dun sistema de información para a xestión dos laboratorios do Servicio Galego de Saúde.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: 3 anos desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: anticipada do expediente de gasto, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: seiscentos catro mil douscentos cincoenta e catro euros (604.254 A).

5. Garantía provisional: si, doce mil oitenta e cinco euros con oito céntimos de euro (12.085,08 euros).

6. Obtención de documentación e información: servicio de contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, e telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 h do día 15 de xaneiro de 2004.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses, contados desde a data de apertura das ofertas económicas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: a partir das 9.00 horas A.M. na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do décimo día natural contados

desde a data de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte (26 de xaneiro de 2004).

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo de estos gastos ascende a tres mil euros (3.000 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.sergas.es

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 10 de decembro de 2003.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2003.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8-2-2002)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos