Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 4 de decembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 89/2003 PRO, por infraccións e sancións en materia sanitaria.

Coa data do 20 de outubro de 2003, o secretario xeral da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador nº 89/2003 PRO incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Francisco Javier Fernández Álvarez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Francisco Javier Fernández Álvarez o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, no seu caso, copia do mesmo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 4 de decembro de 2003.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 89/2003 PRO

Denunciado: Francisco Javier Fernández Álvarez.

DNI/NIF: 09726841-A.

Último enderezo coñecido: avda. Santa Cristina, 12-B. Perillo. Oleiros.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de droga.

Precepto/s infrinxido/s: art. 35.B.1 da Lei 14/1986, Lei xeral de sanidade e art. 13.4º da Lei 2/1996, de Galicia sobre droga.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.005,07 euros. Tres mil cinco euros con sete céntimos.