Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de subministración de material informático para a Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Expediente 10/2003 SX).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de subministración de material informático para a Consellería de Innovación, Industria e Comercio (expediente 10/2003 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 10/2003 SX.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: a subministración, instalación e configuración de material informático (80 ordenadores), destinados ós servicios centrais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 20 de outubro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 104.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 18 de novembro de 2003.

Adxudicatario:

Inforhouse, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación:

Cento tres mil novecentos euros (103.900 euros.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio