Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dun sistema de información que soporte a actividade e o acceso telemático ó sistema de xestión do Rexistro Xeral de Contratistas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Expediente 8/2003 SX).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de servicios consistente no desenvolvemento dun sistema de información que soporte a actividade e o acceso telemático ó sistema de xestión do Rexistro Xeral de Contratistas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio (expediente 8/2003 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 8/2003 SX.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: o desenvolvemento dun sistema de información que soporte a actividade e o acceso telemático ó sistema de xestión do rexistro xeral de contratistas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 16 de outubro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 90.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 14 de novembro de 2003.

Adxudicatario:

Altia Consultores.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación:

Oitenta mil euros (80.000 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 17 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio