Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de tenencia de animais perigosos ESAPP 09/03-LU, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG 6-2-2002), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de incoación do procedemento sancionador por infracción da Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenencia de animais perigosos, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructor deste procedemento a Carlos Fernández Valdivielso, e secretaria a Paloma Quiroga López, funcionarios desta Delegación Provincial, podendo ser recusados en calquera momento

da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados dipondrán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme ó establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pago voluntario poñerá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e có establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 6 de novembro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ESAPP 09/03-LU.

Denunciado: Fernando Angulo Lagares.

DNI: 20182526-A.

Enderezo: r/ Almirante Vallecilla, nº 5, 5º esqda. Portugalete. Vizcaia.

Feito denunciado: pasear polas inmediacións da praza de Santa María de Guitiriz, Lugo, cun can de raza Rottweiler, sen bozal.

Precepto sancionador: artigo 13.2º d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro.

Cualificación: grave.

Sanción: 300,52 euros.