Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/22-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Anpeal, S.A. y Emeritas, S.A.

Domicilio social: Manuel Quiroga, 18-5º, 32300 O Barco de Valdeorras.

Denominación: L.M.T., C.T., para naves de elaboración de lousa.

Situación: Barreiros-Coedo (O Barco de Valdeorras).

Características técnicas: centro de transformación en caseta prefabricada preto da nave de Emeritasa, con trafo de 1.000 kVA r/t 20.000/380-220 V, alimentado por liña aérea existente de 299 m de lonxitude, máis 100 m subterránea ata o C.T.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 24 de novembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense