Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de obras consistentes na reforma para o acondicionamento dos locais que a dita consellería ten en propiedade na rúa Curros Enríquez número 1 de Ourense. (Expediente 1/2003 DPO).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de obras consistentes na reforma para o acondicionamento dos locais que a dita consellería ten en propiedade na rúa Curros Enríquez nº 1 de Ourense (expediente 1/2003 DPO).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Ourense.

Dependencia que tramita o expediente: delegación provincial.

Número de expediente: 1/2003 DPO.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: reforma.

Descrición do obxecto: reforma interior das dependencias administrativas da Delegación Provincial de Ourense, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, sitas na rúa Curros Enríquez, 1, plantas 3ª, 4ª e 5ª, da cidade de Ourense. As obras que se van levar a cabo consisten na redistribución da planta 3ª, creación dun novo despacho na planta 4ª, así como execución de pequenos axustes no despacho do delegado da mesma planta 4ª e creación dun novo despacho na planta 5ª.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 10 de setembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 130.207,85 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 17 de outubro de 2003.

Adxudicatario: Tuconsa (Técnicos Unidos para la Construcción, S.A.).

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento vintedous mil seiscentos cincuenta e cinco euros con setenta e nove céntimos (122.655,79 euros), IVE incluído.

Ourense, 25 de novembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense