Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/243).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a C.S. avda. de Bos Aires.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 156 m de lonxitude, con orixe e final no tramo da liña existente entre o C.T. Manuel Murguía II e o C.T. avda. de Barrié de la Maza unha vez que entre e saia do centro de seccionamento subestación tranvía, fronte ó Colexio das Escravas. Concello da Coruña.

Na fase de información pública presenta alegacións a Corporación de Cesionarios do Aparcadoiro Orzán-Riazor e basea a súa argumentación no feito

de que a instalación obxecto do proxecto é unha infraestructura que forma parte da subestación do tranvía, na que tódalas obras que recolle a instalación deben ser obxecto da aprobación dun plan especial, e que o planeamento debe estar completo e perfectamente definido.

A instalación que recolle o proxecto non forma parte da subestación eléctrica do tranvía, xa que esta é obxecto dun proxecto distinto, e a liña eléctrica que se instala forma parte da arquitectura da rede de distribución de media tensión de Unión Fenosa Distribución, S.A. na cidade da Coruña, que afecta instalacións tanto da propia empresa como de particulares. E en canto a que as obras correspondentes á liña formen parte dun plan especial e que o planeamento deste estea previamente definido e sinalado nos planos, hai que entendelo como a fixación de criterios xerais ós que hai que adecua-los proxectos, pero nunca de forma que se entenda que estas instalacións estean definidas na súa totalidade, fixando tanto as trazas das liñas de distribución como a localización de todos e cada un dos centros de seccionamento e transformación.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285) e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

1. Desestima-las alegacións formuladas pola Corporación de Cesionarios do Aparcadoiro Orzán-Riazor.

2. Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse no prazo de seis meses, contados a partir da data seguinte á esta resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente.

A Coruña, 20 de novembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña