Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de decembro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica á Emilio Suárez Pérez e a Rafael Blanco Blanco, o inicio do expediente de desafiuzamento por non ocupación, acordado nos expedientes de desafiuzamento administrativo (expediente DO-016/03 e DO-019/03).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lles notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, núm: 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-832 (expte. desaf.: DO-016/03).

Cta.: 130.

Nome: Emilio Suárez Pérez.

Enderezo: r/ Maceiras, 32, baixo D en Vigo, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación, contra Emilio Suárez Pérez, e demais ocupantes da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-832 cta 130.

Expediente: PO-286CD/67 (expte. desaf.: DO-019/03).

Cta.: 6.

Nome: Rafael Blanco Blanco.

Enderezo: r/ Bueu, 44, 3º D en Vigo, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non ocupación, contra Rafael Blanco Blanco, e demais ocupantes da vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO286CD67 cta 6.

Recursos: contra estes acordos, que non son susceptibles de recurso, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións coiden convenientes, e de se-lo caso, para propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.