Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Do Pico pertencente ó lugar de Cristimil, da parroquia de Az, do concello de Rodeiro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2003, acordou

inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, do seguinte monte:

Concello: Rodeiro.

Lugar: Cristimil.

Parroquia: Az.

Nome do monte: Do Pico.

Cabida: 110.000 m.

Lindes:

Norte: concello de Antas de Ulla (Lugo).

Sur: camiño, propiedades particulares de Eladio Vilamia Sánchez, Roberto Vázquez Lorenzo, Manuel Sánchez Lamas e montes dos veciños dos lugares de Cristimil e San Cristovo.

Leste: propiedades particulares delimitadas por muro de Francisco Pardo Fafián e concello de Antas de Ulla (Lugo).

Oeste: propiedades particulares de Antonio Vázquez Rodríguez, Manuel Sánchez Lamas, Jesús Sánchez Lamas, Isaura Diéguez Otero, Benjamín Vázquez Vilamia, Eladio Vilamia Sánchez e Antonio Lorenzo Calviño e concello de Agolada.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra