Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Costa do Farelo e outro, pertencente ó lugar da Aldea do Monte, da parroquia de Ventosa, do concello de Agolada.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2003, acordou inicia-los trámites para a clasificación como veciñais en man común dos seguintes montes:

Concello: Agolada.

Lugar: Monte (Parroquia de Ventosa).

Nome do monte: Costa do Farelo.

Cabida: 239.715 m (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: MVMC de Aián, Trascastro e Val e concello de Antas de Ulla (provincia de Lugo).

Sur: valo de pedra que delimita en parte propiedades particulares de Manuel Sánchez García, Claudio López García, Alfredo García Casares, Albino García Otero, Daniel García Vázquez, Concepción Diéguez Vázquez, Diolinda López García, Antonio López Méndez, Cesáreo Negro Prado, Ignacio Negro Prado, Manuel Borrajo Vázquez, Jesús Diéguez García, César Borrajo García, María García Méndez, Juan Diéguez García, Domingo Negro Prado, Elmo Borrajo García, Manuel Fernández Vence, Celsa García López.

Leste: propiedades particulares de César García e Concello de Antas de Ulla (provincia de Lugo).

Oeste: propiedades particulares delimitadas por valo de pedra de José Vázquez García, Manuel Rodríguez Vázquez, Dolores España e herdeiros de Dolores Fernández Sánchez.

Ocupacións: non hai.

Servidumes: non hai.

Nome do monte: do Foxo e do Pico.

Cabida: 233.671 m (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: concello de Antas de Ulla (provincia de Lugo).

Sur: concello de Rodeiro.

Leste: concello de Antas de Ulla (provincia de Lugo).

Oeste: propiedades particulares delimitadas en parte por valo de pedra de Alfredo García Casares, Celsa García López, Cesario Negro Prado, Juan Diéguez García, José García Otero, Concepción Diéguez Vázquez e Hortensia García Diéguez.

Ocupacións: non hai.

Servidumes: camiños de servicio.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra