Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Vincios pertencente á parroquia de Vincios, do concello de Gondomar.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro do 2003, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Gondomar.

Parroquia: Vincios.

Nome do monte: Vincios.

Cabida: 3.550 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Juventino e Eduardo Fernández Losada.

Sur: propiedades particulares de Justo Figueroa Troncoso e MVMC de Vincios.

Leste: propiedades particulares de Justo Figueroa Troncoso.

Oeste: estrada e propiedades particulares de Celso Figueroa Valverde, Mercedes Fernández Pérez e José Carlos Alonso Costas.

Servidumes: camiño e pista de acceso a vivenda. Tendido de luz paralelo á pista.

Ocupacións: existe un horreo dentro do perímetro do predio.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra