Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.074

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. de Campo Rairo e anexos, no concello de Sober. (Expediente 21/2002 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se sinalan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: mellora-la calidade da subministración na zona.

-Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea núa ó C.T. de Campo Rairo, con orixe no apoio nº 125 da L.M.T. Os Peares-Monforte de Lemos e remate no C.T. de Campo Rairo, de 0,396 km de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón, en conductor LA-56/54,6 mm.

2. Centro de transformación intemperie de Campo Rairo, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Campo Rairo de 0,5 km de lonxitude, con orixe no C.T. de Campo Rairo, sobre apoios de formigón, en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado,

que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que coiden oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 6 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 21/2002Provincia: Lugo

L.M.T., C.T., R.B.T. Campo RairoTermo municipal: Sober

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4BoutureiraPradoEdmundo Mariño Álvarez R/ D. Antonio Méndez, 11

Casal

27400 Monforte de Lemos (Lugo)

2 e 321501.500

11BoutureiraPradoManuel López de SaaTravesía Escolas Públicas, 15

36201 Vigo (Pontevedra)

4112120