Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/673-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. O Rozo.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 556 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Marín Mouta 7 e remate no C.T. que se proxecta, de 160 kVA, R.T. 20 kV/380-220 V, emplazado no Rozo, no concello de Pontevedra. R.B.T. aérea de 451 m de lonxitude con conductor tipo R.Z. e orixe no C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 7 de novembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra