Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica enlace L.M.T. Aboldrón-Argozón e anexos, no concello de Chantada. (Expediente 33/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléc

trica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se sinalan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: enlaza-la liña na derivación ó C.T. de Moreiras coa liña na derivación ó C.T. Aboldrón.

-Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión aéreanúa enlace Aboldrón-Argozón, coa orixe no apoio nº 1 previo ó C.T. Moreiras-CHA802 Chantada/Monterroso e remate no apoio metálico existente s/n previo ó C.T. Aboldrón-LAL802 Rodeiro, de 3,09 km de lonxitude a 20 kV sobre vinte apoios (14 de formigón, 5 de chapa metálica e 1 metálico de celosía) en conductor LA-110/116,2 mm.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, esta resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que coiden oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 6 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 33/2001Provincia: Lugo

Enlace L.M.T. Aboldrón-Argozón (enlace L.M.T. Moreiras-Aboldrón)Termo municipal: Chantada

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A CalLabradíoJorge Castor CadahíaMoreiras, O Monte

27142 Chantada (Lugo)

1622220

4Sobre do MuroLabradíoJorge Castor CadahíaMoreiras, O Monte

27142 Chantada (Lugo)

33330

5Sobre do MuroPradoRemedios Amorín CuñarroQuintán do Carballo

San Martiño de Monte

27555 Taboada (Lugo)

770

10NavasPradoJosé Rodríguez MoureCarme, Corbera de Llobregat, 5

8001 Barcelona

22220

20Prado de BicheriaPradoManuel Arean SaaC/ 21, 8

36500 Lalín (Pontevedra)

4190900

21Leira de PenasPradoManuel Arean SaaC/ 21, 8

36500 Lalín (Pontevedra)

4, 531451.450

26Prado VelloMonte altoManuel Arean SaaC/ 21, 8

36500 Lalín (Pontevedra)

821302.080

30CousoMonte altoManuel Feijoo BlancoDr. Fleming, 14

27500 Chantada (Lugo)

10133528

31CousoMonte altoJosé Rodríguez MoureCarme, Corbera de Llobregat, 5

8001 Barcelona

10160

34CousoMonte altoManuel Feijoo BlancoDr. Fleming, 14

27500 Chantada (Lugo)

11176

39CalderromeosMonte altoCelsa Santomé FradeVilachá, Fafián, 3

36537 Rodeiro (Pontevedra)

8165

40CalderromeosMonte altoCelsa Santomé FradeVilachá, Fafián, 3

36537 Rodeiro (Pontevedra)

122681.152