Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2003 polo que se aprobou definitivamente o proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (Pontevedra).

En relación co proxecto citado, acórdase facer público, nos termos do artigo 13.6º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, o Acordo do 5 de decembro de 2003, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, que literalmente di:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (Pontevedra), para os efectos establecidos pola Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e polo Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Declara-la utilidade pública e interese social das obras, instalacións e servicios previstos, así como a necesidade de ocupación para efectos de expro

piacións dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas (Pontevedra).

3. As obras de urbanización especificadas no dito proxecto sectorial quedan cualificadas como de marcado carácter territorial e non estarán suxeitas a licencia urbanística municipal, nos termos da disposición adicional primeira da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 11.3º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

4. O proxecto sectorial entrará en vigor o día seguinte ó da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra o acordo transcrito, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, e isto sen prexuízo da interposición de calquera outro que, se é o caso, se estime procedente.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes