Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.066

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de poxa (118/1999).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fai saber que por resolución do 14-11-2003, dictada na executoria 118/1999, dimanante do P.A. 140/1996 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ferrol, seguido contra Manuel Sanmartín Pico, por delicto e lesións, se acordou sacar a poxa os predios seguintes:

1. Predio con vivenda no lugar da Teixeira nº 2, do Concello da Capela, ref. catastral 0015011-00NJ71B-0001-KY; superficie da parcela 135 m; superficie ocupada pola vivenda 81 m; antigüidade 1946; situada fronte á estrada que vai das Felgueiras a Sande e ó lado esquerdo mirando desde a fronte a camiño público. Non está inscrito no Rexistro da Propiedade.

Valoración pericial: 8.981,55 euros.

Non constan cargas.

2. Predio denominado Prado de Castoar ou Entrecasas, sito no lugar da Teixeira, concello da Capela, cunha superficie de 132 m, segundo os datos catastrais. Situado con fronte á estrada que vai das Felgueiras a Sande e a un camiño polo seu lateral dereito. Non está inscrito no Rexistro da Propiedade.

Valoración pericial: 726 euros.

Non constan cargas.

A poxa terá lugar na Sala de Audiencia da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, r/ Capitán Juan Varela, s/n, (tfno. 981 18 20 75) o día vintedous de xaneiro de 2004, ás 10.00 horas, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Non hai certificación rexistral por non estaren inscritos os predios no Rexistro da Propiedade.

Segunda.-Polo mero feito de participar na poxa, entenderase que os licitadores aceptan como suficiente a titulación que consta en autos e que aceptan, así mesmo, subrogarse nas cargas ou gravames anteriores ó crédito polo que se executa, no caso de que o remate se adxudique ó seu favor.

Terceira.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán depositar previamente o 30 por 100 do valor de taxación do ben, na conta de depósitos e consignacións desta sección, nº 1543 0000 78 0118/99 de Banesto.

Cuarta.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberanse identificar de forma suficiente, declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa, e presenta-lo xustificante do depósito a que se refire a condición anterior.

Quinta.-Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriores.

A Coruña, catorce de novembro de 2003.

O secretario

Rubricado