Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.066

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (815/2003).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe:

Que nos autos de acollimento familiar que se seguen neste xulgado co nº 815/2003, acordouse, por resolución de data de hoxe, a citación de Susana Oujo Tubio, mediante a publicación da seguinte:

Cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollimento familiar nº 815/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Susana Outo Tubio, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 15 de xaneiro de 2004 ás 10.15 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non verificalo, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, vinteseis de novembro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado