Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2003 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA nos ríos Castro e Albarellos, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental deste concurso, de clave AC/8/139.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia estase a tramitar unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre dos ríos Castro e Albarellos, presentada cos proxectos das obras e instalacións e o estudio medioambiental correspondente.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase do estudio ambiental achegado polo promotor, logo de cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985, segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regula a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais

ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave deste concurso), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro da Demarcación Galicia - Centro de Augas de Galicia - praza de Vigo, 2, entreplanta, 15706 Santiago de Compostela - e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir do día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios dos concellos de Dumbría e Muxía (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán á disposición, para os devanditos efectos informativos, copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

* Servicios centrais da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza de Vigo, nº 2 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificios administrativos de Monelos, 1ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

* Concello de Dumbría: estrada de Dumbría s/n, 15151 Dumbría (A Coruña).

* Concello de Muxía: r/ Real 41, 15124 Muxía (A Coruña).

-Proxectos das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza de Vigo, nº 2 baixo, 15706, Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificios administrativos de Monelos, 1ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais do proxecto:

* Servicios centrais da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza de Vigo, nº 2 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Coruña de Medio Ambiente: edificios administrativos de Monelos, 5ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

* Concello de Dumbría: estrada de Dumbría s/n, 15151 Dumbría (A Coruña).

* Concello de Muxía: r/ Real 41, 15124 Muxía (A Coruña).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO

* Peticionario:

Peticionario e promotor: Hidroeléctrica Costa da Morte, S.L.

Enderezo: r/ Juncal, s/n, 1º B, Cee (A Coruña).

Denominación do aproveitamento: central de Senande.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 3.150 l/sg do río Castro e 1.850 l/sg do río Albarellos.

Corrente de derivación 1ª: río Castro (cota normal de embalse: 192).

Corrente de derivación 2ª: río Albarellos (cota normal de embalse: 192).

Corrente de restitución: río Castro (cota finalización: 114).

Desnivel: 78 m.

Altura dos azudes nos ríos Castro e Albarellos: 2 m (altura sobre o cauce).

Potencia xerador: potencia total das dúas turbinas Francis 3.126 kVA (2.084 kVA e 1.042 kVA).

Concellos afectados polas obras: Dumbría e Muxía (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma no río Castro: situarase nas proximidades dos muíños de Ponte Vella, no concello de Muxía.

Azude e obra de toma do río Albarellos: próximo augas arriba da ponte das Maroñas, no concello de Dumbría.

Tubería forzada: percorre, soterrada, unha lonxitude total de 5.100 m pola marxe esquerda dos dous ríos. Proxéctanse dous tramos que derivan caudal dos seus respectivos azudes, de lonxitudes, 1.750 m desde o azude do río Albarellos e 1.450 m desde o azude do río Castro, para finalmente empatar nun tubo de 1.900 m de lonxitude ata a central.

Edificio da central: situada na marxe esquerda do río Castro, nas proximidades do lugar coñecido como Senande, presenta unhas dimensións en planta de 27x11 m.

Equipos electromecánicos: dúas turbinas Francis de eixo horizontal (potencia 2.084 kVA e 1.042 kVA) con dous xeradores síncronos (potencia en bornes de 2.265 kVA e 1.132 kVA) e dous transformadores de potencia nominal 2.500 kVA e 1.250 kVA.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, acompañada da lista de afectados que se transcribe a continuación:

Río Castro-Polígono 1.

Nº predioPropietario

1Castro Rial, Marcelo

2Leira Carballo, Manuel Jesús

359Leira Pérez, María

360Leira Pérez, Nieves

361Leira Pérez, Manuel

362Leira Pérez, Dolores

363Leira Pérez, Teodolinda Josefa

3García Lema, Alejandro

Nº predioPropietario

4Ogando Martínez, Esperanza

5López Martínez, José Electo

6Descoñecido

7Toba Abelenda, Dositeo

8Quintáns Pérez, Alfonso

9Campos Rodríguez, Antonio

10Caamaño Quintáns, José Andrés

11

Abelenda Santos, Livia Manuela

Abelenda Santos, José

Abelenda Santos, Benedicta

Abelenda Santos, Áurea

12

Serrano Barrientos, Teresa

Serrano Barrientos, María Josefa

Serrano Barrientos, Juan

Serrano Barrientos, Francisca Manuela

Serrano Barrientos, Emilia

Serrano Barrientos, Carmen

Serrano Barrientos, Aurelio

13González Barrientos, Manuel

15Castro Rial, Juan

16Castro Rial, Manuel

17Quintáns González, Rosalía Sara

21Caamaño Quintáns, José Andrés

22Moreira Santos, Carmen

23

Abelenda Santos, Livia Manuela

Abelenda Santos, José

Abelenda Santos, Benedicta

Abelenda Santos, Áurea

24

Picallo Rodríguez, Manuel

Picallo Rodríguez, Concepción

Picallo Rodríguez, Celsa

25Canosa Pazos, Julia

26Canosa Pazos, Eliseo

27López Martínez, Francisco

28García Lema, Alejandro

29Castro Rial, Perfecto

30Castro Rial, Alfonso

31Ogando Martínez, Esperanza

32Ogando Martínez, Visitación

33Ogando Abelenda, José

34Ogando Abelenda, Ramón

35Rodríguez García, Dolores

36Fernández Rodríguez, Inés Iluminada

37Paz Quintáns, Esperanza

38Barrientos Fandiño, Manuel

39López Martínez, José Electo

40Quintáns Mouzo, Carmen Leonor

41Lema Fandiño, Ramón José

42Martínez Pais, María

43Liñeiro Liñeiro, Manuel

44Pazos Mouzo, Cristano

45Pazos Louzán, Jacobo

46García Trillo, Alejandro

353Quintáns González, Rosalía Sara

50Descoñecido

354Quintáns Pérez, María Carmen

352Quintáns González, Rosalía Sara

Nº predioPropietario

351Quintáns González, Rosalía Sara

51

Alvite Alvite, Manuel

Abelenda Santos, Livia Manuela

Abelenda Santos, Benedicta

Abelenda Santos, Áurea

52Toba Abelenda, Dositeo

55

Serrano Barrientos, Teresa

Serrano Barrientos, María Josefa

Serrano Barrientos, Juan

Serrano Barrientos, Francisca Manuela

Serrano Barrientos, Emilia

Serrano Barrientos, Carmen

Serrano Barrientos, Aurelio

56Ozón Barrientos, José

57González Barrientos, Manuel

58Campos Rodríguez, Antonio

59López Martínez, Francisco

60Quintáns González, Rosalía Sara

61Pazos Louzán, Jacobo

62Ogando Martínez, Francisco

63Caamaño Quintáns, José Andrés

349Descoñecido

350Quintáns González, Rosalía Sara

64Quintáns Pérez, María Carmen

347Quintáns González, Rosalía Sara

130

Abelenda Santos, Livia Manuela

Abelenda Santos, José

Abelenda Santos, Benedicta

Abelenda Santos, Áurea

131González Barrientos, Manuel

132Vieites Senra, Manuel

133Descoñecido

134Ogando Martínez, Esperanza

135García Lema, Alejandro

355Quintáns Pérez, María Carmen

136Veciños de Cibrán

261Paz Canosa, Ana

260Paz Lista, Manuel

259Fernández Bermúdez, José

258Martínez Fandiño, José

257Martínez Fandiño, Carlos

256Muíño Fandiño, José

255Martínez Fandiño, Amable

252Sierra Pose, Clotilde

251Paz Canosa, Ana

247González Barrientos, Manuel

246

Serrano Barrientos, Teresa

Serrano Barrientos, María Josefa

Serrano Barrientos, Juan

Serrano Barrientos, Francisca Manuela

Serrano Barrientos, Emilia

Serrano Barrientos, Carmen

Serrano Barrientos, Aurelio

245Canosa Pazos, Julia

244Ozón Lago, María Pilar

243Lago Insua, Nelida Elena

242Castiñeira Canosa, Pilar

Nº predioPropietario

241Paz Canosa, Ana

239Serrano Barrientos, Francisca Manuela

238Barrientos Canosa, Jaime

237Canosa Pazos, Julia

236Esperante Sierra, Manuel

240Quintáns González, Ezequiel Constantino

231Martínez Fandiño, Dosinda

230Martínez Fandiño, Carlos

228Eiranova Fernández, José María

226Canosa González, Elías Eladio

221Alvite Alvite, Manuel

210Bermúdez Alvite, Jesús

211Lema Fernández, Manuel

212Toba Fernández, José María

213Esperante Sierra, Manuel

214Barrientos Paz, Jaime

215Canosa Pazos, Julia

216Barrientos Canosa, Jaime

217Canosa González, Elías Eladio

218Canosa Pazos, Eliseo

Río Castro-Polígono 2.

Nº predioPropietario

52Canosa Pazos, Eliseo

51Alvite Alvite, Manuel

60Paz Canosa, Ana

63Lema Trillo, Pilar

66Eiranova Lago, Nilda

78Toba Fernández, José María

79Toba Fernández, José María

80Fernández Barrientos, Emilio

81Fernández Barrientos, Emilio

82Martínez Fandiño, Carlos

83Martínez Fandiño, Carlos

84Grille Canosa, Manuel

Río Castro-Polígono 14 (T.M. de Muxía).

Nº predioPropietario

226José Touriñán Albarellos

Río Albarellos-Polígono 1.

Nº predioPropietario

130

Abelenda Santos, Livia Manuela

Abelenda Santos, José

Abelenda Santos, Benedicta

Abelenda Santos, Áurea

347Quintáns González, Rosalía Sara

129Vecinos de Cibrán

Nº predioPropietario

289Paz Fandiño, Eliseo

290González Barrientos, Manuel

293Barrientos Abelenda, María

294Lema Trillo, Pilar

297Ozón Lago, María Pilar

298Descoñecido

300Veciños de Senande

127Lema Antelo, Evaristo Ramón

Castiñeira Canosa, Esther

126García Capelo, José

125López Leis, Alejandro Manuel

124Ramos Cantorna, José

123Coo Sendón, Manuela

122

García Romero, José

García Capelo, Manuel

García Capelo, José

322

García Romero, José

García Capelo, Manuel

García Capelo, José

323Suárez Rodríguez, María

324Cancela Romar, Manuel

325Suárez Rodríguez, María

326Quintáns López, Beatriz

327Peña Pose, Manuel

Andrade Lourido, María Avelina

328Mouzo López, Manuela

329Castiñeira López, María

330Rodríguez Vázquez, Manuel

331Rama López, Adorico Tarsicio

332Rodríguez Antelo, Jesús

333Díaz López, Natividad

334López Vázquez, Santiago

335Díaz Martínez, Manuel Jesús

Río Albarellos-Polígono 2.

Nº predioPropietario

204Pérez Lema, Dionisio

208Mouzo López, Manuel

209López Vázquez, Santiago

210Quintáns López, Beatriz

211Castiñeira López, María

212Rama López, Adorico Tarsicio

213Díaz Martínez, Manuel Jesús

214Díaz López, Natividad

215Rodríguez Vázquez, Manuel

216Ramos Cantorna, Regina

218Rodríguez Vázquez, Manuel

219Martínez Canosa, José Manuel

Río Albarellos-Polígono 3.

Nº predioPropietario

50Capelo Mouzo, Manuel

51Martínez Canosa, José Manuel

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.