Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2003 pola que sinalan datas e se citan os interesados para o pagamento do depósito previo á ocupación e o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal en San Cibrao das Viñas.

I. Con data do 30 de xullo de 2002 o Consello da Xunta de Galicia declarou o proxecto sectorial para a implantación da central de transporte e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas coma de incidencia supramunicipal para os efectos previstos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

II. Con data do 11 de abril de 2003 o Consello da Xunta de Galicia aprobou definitivamente o proxecto sectorial para a implantación da central de transportes e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas e declarou de utilidade pública e interese social as obras, instalacións e servicios previstos, así como a necesidade de ocupación para efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución do referido proxecto sectorial.

En virtude do disposto no proxecto sectorial, o Instituto Galego da Vivenda e Solo exercerá a potestade expropiatoria para a adquisición dos bens e dereitos afectados polo centro de transporte e terminal intermodal, que a exercerá en beneficio da Dirección Xeral de Transportes. No devandito proxecto prevese que os accesos serán expropiados pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

III. Mediante resolución do director xeral do IGVS do 14 de xullo de 2003, deuse inicio a este expediente expropiatorio e ó seu sometemento a información pública, co fin de que os que se consideren prexudicados polas obras que se prevén, poidan exa

mina-lo expediente e aduci-lo que estimaren conveniente. A urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, foi acordada polo Consello da Xunta de Galicia mediante o Decreto 401/2003, do 16 de outubro, publicado no DOG do 10 de novembro de 2003.

IV. Os días 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2003 levantáronse as actas previas á ocupación dos sinalados bens e dereitos afectados. A continuación a Administración formulou as follas de depósito previo á ocupación de cada un dos predios afectados neste procedemento, conforme o estipulado no punto 4º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo que, consecuentemente, se procederá ó pagamento ou consignación do dito depósito e, de inmediato, á ocupación dos bens e dereitos afectados, segundo o estipulado no número 6º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

V. Na súa virtude, fíxanse as datas nas que se levarán a efecto ó pagamento ou consignación do depósito previo e o levantamento das actas de ocupación.

1. Para os ditos actos debe terse en conta:

a) Neste procedemento expropiatorio, a Administración expropiante e a beneficiaria procederá a satisfacer ou consignar, se é o caso, na condición de depósito previo á ocupación, a totalidade da valoración asignada a cada un dos bens e dereitos afectados, sen prexuízo do que resulte na tramitación do expediente nas súas fases de prezo xusto e pagamento, conforme os artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa e demais disposicións aplicables.

b) O pagamento do depósito previo só se fará efectivo, consignándose en caso contrario, ós interesados que acreditan en legal forma a súa titularidade, achegando os documentos acreditativos desta e o seu DNI.

c) Se o expropiado non quixese acepta-lo depósito previo ou non achegase títulos xustificativos suficientes do dominio ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, a Administración consignará o importe na Caixa Xeral de Depósitos.

d) De conformidade co artigo 52.6º da Lei de expropiación forzosa redactarase a acta de ocupación do ben ou o dereito expropiado a continuación da de pagamento e do depósito previo á ocupación.

e) Para proceder ó pagamento do depósito previo e ó levantamento destas actas deberán asisti-los titu

lares persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome con poder suficiente, do que achegarán copia, provistos dos documentos acreditativos da súa titularidade e do documento nacional de identidade.

2. En consecuencia e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, acórdase convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación anexa, para que comparezan no lugar, nas datas e nas horas que se detallan a continuación co fin de levar a cabo os seguintes actos:

Pagamento ou consignación do depósito previo e levantamento das actas de ocupación, para o caso do pagamento:

Local: Concello de San Cibrao das Viñas.

Día 29 de decembro de 2003:

Ás 8.30 horas: desde Olga Babarro Borrajo ata Avelina González Freire.

Ás 11.00 horas: desde Ministerio Fiscal ata Adolfo Fernández Cid.

Ás 17.00 horas: Manuel Peña Muriach ata o final da lista.

Levantamento das actas de ocupación, para os casos nos que se producise a consignación do depósito previo á ocupación, de conformidade co disposto no artigo 51 do regulamento e da Lei de expropiación forzosa:

Local: Concello de San Cibrao das Viñas.

Día 30 de decembro de 2003:

Ás 16.30 horas: desde Olga Babarro Borrajo ata o final da lista.

Relación de propietarios afectados pola expropiación en San Cibrao das Viñas

Nº POL.Nº PREDIOAPELIDOS E NOMENATUREZA DA

PARCELA

SUP. EXPROPIAR (m)DEPOSITO PREVIO

3434BABARRO BORRAJO, OLGARUSTICA2.490,0015.927,80 A

3435OUTEIRIÑO DELGADO, ALFONSORUSTICA1.456,009.661,52 A

3436RIVO VARELA, CELSORUSTICA2.807,0020.895,24 A

3438BABARRO BORRAJO, OLGARUSTICA2.706,0017.612,70 A

3439ALONSO GONZALEZ, MARINARUSTICA1.310,008.285,69 A

3440ALONSO GONZALEZ, MARINARUSTICA914,005.767,80 A

3441BABARRO BORRAJO, OLGARUSTICA787,005.139,91 A

34162RODRIGUEZ FEIJOO, BENITORUSTICA610,003.849,41 A

34164RODRIGUEZ FEIJOO, BENITORUSTICA756,005.092,57 A

34168ALONSO PRIETO, AMPARORUSTICA390,002.650,45 A

34178IGLESIAS OUTEIRIÑO, DOLORES E RAMONRUSTICA1.349,0011.362,25 A

34180CID BABARRO, DANIEL E ALVAREZ ZORELLE ISABELRUSTICA521,004.430,04 A

34188FABELLO OUTEIRIÑO, JOSERUSTICA1.256,008.677,05 A

34197OUTEIRIÑO ARAUJO, Mª ELENA E JOSERUSTICA488,003.234,17 A

34198OUTEIRIÑO ARAUJO, Mª ELENA E JOSERUSTICA845,005.376,56 A

34203FABELLO OUTEIRIÑO, JOSERUSTICA1.189,008.068,01 A

34207BARANDELA GALLEGO, ROSARUSTICA385,002.656,78 A

34211GONZALEZ CONDE, Mª MILAGROSRUSTICA179,001.233,76 A

34212CRISTOBO BABARRO, MARINARUSTICA1.030,006.521,91 A

34214BARANDELA GALLEGO, ROSARUSTICA3.276,0022.189,99 A

34223ALONSO PRIETO, AMPARORUSTICA1.666,0011.043,41 A

34229CID BABARRO, ANIBALRUSTICA2.030,0013.299,41 A

34231BARANDELA GALLEGO, MERCEDESRUSTICA1.176,007.421,15 A

34233ROMERO ABADIN, ANTONIORUSTICA1.671,0011.646,09 A

34236GONZALEZ FREIRE, AVELINARUSTICA2.621,0016.688,13 A

34239DESCOÑECIDORUSTICA479,003.111,10 A

34240BARANDLA GONZALEZ, AMPARORUSTICA988,006.348,36 A

34243BABARRO BORRAJO, OLGARUSTICA615,004.546,78 A

34244FERNANDEZ CID, MARIARUSTICA857,005.808,81 A

34245BARANDELA GALLEGO, ROSARUSTICA469,003.773,74 A

34247BARANDELA GALLEGO, ROSARUSTICA473,003.117,42 A

34249COMUNIDADE HEREDITARIA DE ELOY BLANCO OUTEIRIÑORUSTICA423,003.354,06 A

34253ESPINOSA OUTEIRIÑO, MANUELRUSTICA407,002.776,64 A

34254BABARRO GONZALEZ, JOSERUSTICA100,00631,05 A

34255FERNANDEZ BARANDELA, Mª CONCEPCIONRUSTICA172,001.236,86 A

34277IGLESIAS OUTEIRIÑO, DOLORES E RAMONRUSTICA1.731,0011.725,01 A

34279BARANDELA GALLEGO, LUISRUSTICA1.367,008.626,45 A

34284ESPINOSA OUTEIRIÑO, ELISA E ANARUSTICA1.540,009.718,17 A

34287BARANDELA GALLEGO, ROSARUSTICA1.676,0010.828,40 A

34291FERNANDEZ BLANCO, ROSALIARUSTICA1.447,009.636,20 A

34292CID FERNANDEZ, RAFAELRUSTICA1.240,008.166,40 A

34293CID SEQUEIROS, HERMINIORUSTICA2.126,0029.310,20 A

Nº POL.Nº PREDIOAPELIDOS E NOMENATUREZA DA

PARCELA

SUP. EXPROPIAR (m)DEPOSITO PREVIO

34294PRIETO FERRO, CONSUELORUSTICA1.076,007.118,30 A

34295LAGE OUTEIRIÑO, RAMIRORUSTICA1.751,0011.163,27 A

34296BARANDELA GONZALEZ, PILARRUSTICA1.586,0010.525,91 A

34297PRIETO FERRO, CELSORUSTICA1.889,0012.532,74 A

34299CID CAMBA, ISABELRUSTICA1.129,007.478,00 A

34301BARANDELA GALLEGO, MERCEDESRUSTICA910,006.982,77 A

34302QUINTAIROS OUTEIRIÑO, CARLOSRUSTICA818,005.729,93 A

34305ESPINOSA OUTEIRIÑO, ELISARUSTICA853,005.458,59 A

34306FERNANDEZ CID, JULIORUSTICA1.940,0014.618,09 A

34308DESCOÑECIDORUSTICA5.145,0032.486,46 A

34309VECIÑOS DE CASTROVERDERUSTICA829,005.231,40 A

34312DESCOÑECIDORUSTICA1.163,008.055,44 A

34314FERNANDEZ CID, MARIARUSTICA372,002.625,21 A

34315FERNANDEZ CID, MARIARUSTICA719,005.076,86 A

34319BARANDELA GALLEGO, MERCEDESRUSTICA1.004,007.724,58 A

34322FEIJOO ABAD, MARIA TERESARUSTICA649,004.190,17 A

34323GONZALEZ RODRIGUEZ, JOSERUSTICA623,003.931,44 A

34573GONZALEZ CID, AURORARUSTICA256,001.615,49 A

34583BABARRO GONZALEZ, GENARORUSTICA171,001.154,82 A

34590FERNANDEZ CID, ADOLFORUSTICA868,006.012,17 A

34591PEÑA MURIACH, MANUELRUSTICA362,002.328,57 A

34594PEÑA MURIACH, MANUELRUSTICA335,002.315,95 A

34597BARANDELA GALLEGO, MERCEDESRUSTICA304,002.552,89 A

34600BARANDELA GALLEGO, MERCEDESRUSTICA465,002.997,49 A

34601DESCOÑECIDORUSTICA172,001.113,82 A

34603OUTEIRIÑO FERREIRA, Mª JOSERUSTICA717,004.524,63 A

34604OUTEIRIÑO FERREIRA, Mª JOSE E 1 MAISRUSTICA676,004.265,90 A

34611FERNANDEZ CID, JULIORUSTICA702,405.114,26 A

34612ARAUJO CID, MANUELRUSTICA884,006.430,45 A

34613BARANDELA GONZALEZ, AMPARORUSTICA266,001.697,52 A

34617PRIETO FERRO, CONSUELORUSTICA822,005.187,23 A

3517ALONSO PRIETO, JOSERUSTICA1.138,008.266,88 A

3524PAREDES FERNANDEZ, Mª CARMENRUSTICA1.012,007.364,72 A

3534LORENZO VILARCHAO, MAGINRUSTICA1.998,0013.899,01 A

3536PEREZ SANTAS, ANTONIARUSTICA1.148,009.218,34 A

3539PEREZ SANTAS, ROSARUSTICA862,006.910,31 A

3543TRANSPORTES ALMACEN Y DISTRIBUCION, S.L.RUSTICA1.473,009.929,86 A

3544TRANSPORTES ALMACEN Y DISTRIBUCION, S.L.RUSTICA5.582,0036.449,83 A

3550BARANDELA GALLEGO, MERCEDESRUSTICA1.959,0012.494,82 A

3552TRANSPORTES ALMACEN Y DISTRIBUCION, S.L.RUSTICA2.180,0014.220,82 A

3556FERNANDEZ BLANCO, CONCEPCIONRUSTICA1.316,008.304,62 A

3557FERNANDEZ CID, EDELMIRO E 1 MAISRUSTICA948,005.982,35 A

3558FERNANDEZ CID, ADOLFORUSTICA951,006.001,29 A

3559BARANDELA GONZALEZ, PILARRUSTICA2.356,0014.998,14 A

3561PRIETO FERRO, CELSORUSTICA3.044,0019.736,50 A

3564FERNANDEZ CID, MARIARUSTICA1.719,0010.847,75 A

3565BARANDELA GALLEGO, LUISRUSTICA913,005.941,44 A

3568FERNANDEZ BLANCO, CONCEPCIONRUSTICA1.247,007.869,19 A

3569TRANSPORTES ALMACEN Y DISTRIBUCION, S.L.RUSTICA2.991,0019.303,86 A

3570BARANDELA GALLEGO, LUISRUSTICA747,005.651,26 A

3571BARANDELA GALLEGO, MERCEDESRUSTICA661,005.320,00 A

3584CASTRO PEREZ, BLANDINARUSTICA1.064,0012.832,74 A

3586CID BABARRO, DANIELRUSTICA760,005.203,09 A

35107ALONSO GONZALEZ, MARINARUSTICA680,004.600,43 A

AGSB GALFOR, S.A.-Dereito de propiedade

FACENDA PUBLICA DO ESTADO E TESORERIA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL-Hipoteca unilateral

URBANA542,1917.107,45 A

BGONZALEZ IGLESIAS, LUZDIVINAURBANA1.587,9950.332,23 A

CGONZALEZ IGLESIAS, LUZDIVINAURBANA5.773,04182.267,43 A

DPRECISION MECANICA DEL MIÑO, S.A.-Dereito de propiedade

BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, S.A. Hipoteca

GARCIA COSTA AVELINO, RIVERO LOPEZ ANTONIO, GARCIA COSTA MANUEL, ALVAREZ COTA JOSE, VILA LEON DALMIRO, ALONSO DIEGUEZ DEMETRIO, TABOADA DOPAZO MANUEL, RIVAS FERNANDEZ MODESTO-Embargo

URBANA178,546.533,13 A

3676 ABARANDELA GONZALEZ, MANUEL E ROSA GONZALEZ BARANDELARUSTICA1.013,009.907,75 A

3676 BBARANDELA GONZALEZ, MANUEL E ROSA GONZALEZ BARANDELARUSTICA616,004.480,69 A

TOTAIS125.934,161.071.663,73 A

Publíquese este acordo no Diario Oficial de Galicia, no BOP, e en dous xornais da provincia. Igualmente, remitirase copia da relación ó Concello de San Cibrao das Viñas para que a fixe no seu taboleiro de anuncios e notificaráselles a tódolos afectados.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser notificados individualmente.

O que se fai público para xeral coñecemento e dos propietarios dos terreos bens e dereitos afectados, a relación dos cales se xunta como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo