Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2003 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Outón, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/10/135.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Outón, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondente.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral,

co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro do Organismo Autónomo Augas de Galicia -Praza de Vigo, 2 baixo, 15706 Santiago de Compostela e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezarase a contar e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público nos taboleiros de anuncios das casas dos concellos de Carballo e Tordoia (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán, para os devanditos efectos informativos, á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

*Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

-Servicios centrais da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza de Vigo, nº 2 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificios administrativos de Monelos, 1ª Planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

-Concello de Carballo: Praza do Concello, s/n, 15100 Carballo (A Coruña).

-Concello de Tordoia: r/ A Pontepedra, Cabaleiros, 15683 Tordoia (A Coruña).

*Proxectos das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

-Servicios centrais da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza de Vigo, nº 2 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificios administrativos de Monelos, 1ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais do proxecto:

-Servicios centrais da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: praza de Vigo, nº 2 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Coruña de Medio Ambiente: edificios administrativos de Monelos, 5ª planta, praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

-Concello de Carballo: praza do Concello, s/n, 15100 Carballo (A Coruña).

-Concello de Tordoia: r/ A Pontepedra, Cabaleiros, 15683 Tordoia (A Coruña).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Promotor: Energía de Galicia, S.A.

Enderezo: r/ Londres 11-B, baixo, 15707, Santiago de Compostela.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Outón.

* Os aspectos máis destacados son:

Corrente de derivación: río Outón.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 600 l/s.

Cota de toma: 322,50.

Cota de restitución: 209,50.

Desnivel (salto bruto): 113 m.

Altura da presa: 3 m.

Potencia xerador: 1.000 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Carballo e Tordoia (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma:

O aproveitamento que se solicita correspóndese cun aproveitamento construído en 1916 que hoxe se atopa fóra de servicio. Así, como azude de derivación utilizarase o existente, de 3 m de altura, 18 m de lonxitude e fábrica de cachotería, e reforzarase con formigón en masa e armado.

Encanamento forzado:

O encanamento forzado discorre totalmente soterrado desde a toma ata a central. Fabricarase en aceiro ó carbono, e a súa lonxitude total é de 767 m, cun diámetro de 700 mm e espesura de 10 mm.

Central:

O edificio que aloxará os equipos electromecánicos, é de nova construcción e estará situado nos mesmos terreos que os da antiga central. As dimensións en planta son de 15 mx8 m e a súa tipoloxía será acorde coa paisaxe e o tipo de materiais existentes na zona.

Como acceso aproveitarase un camiño existente que vai á antiga central que sae da estrada de Carballo a Portodemouros.

Equipos electromecánicos:

Instalarase unha turbina Francis, de eixe horizontal, para un caudal de equipo de 1.000 l/sg, velocidade nominal de 750 r.p.m. e potencia nominal 1.000 KW. Á turbina acoplaráselle un xerador asíncrono-trifásico, de potencia 1.000 kVA e tensión 380 V.

O transformador terá unha potencia de 1.000 kVA, unha tensión primaria de 380 V e unha tensión secundaria de 20 KV ±2,5%.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Afeccións:

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados polo aproveitamento hidroeléctrico do río Outón, no concello de Tordoia (A Coruña).

ANEXO

Nº predioNº cat.ParaxeTitularEnderezoCultivoSuperficie

afectada (m)

11.258FervedaObdulia Bellón García

(Dolores Bellón García,

persoa contacto)

Holanda

(O Pousadoiro, Anxeriz; concello Tordoia)

Monte alto233

21.257FervedaAntonio Bellón GarcíaNiño do Corvo, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto727

3327FervedaJesús Bellón GarcíaAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto377

Nº predioNº cat.ParaxeTitularEnderezoCultivoSuperficie

afectada (m)

4333FervedaDosinda Suárez GómezAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto677

51.268FervedaMª Elena Souto Blanco e outrosAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto292

61.269FervedaAurora Souto RosendeAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto240

71.270FervedaJesús Suárez SuárezAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto252

81.271FervedaSaladina Suárez SuárezAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto711

91.272FervedaDosinda Suárez GómezAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto270

101.273FervedaManuel Souto RosendeAs Casas Novas, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto318

111.274FervedaJesús Souto RosendeO Pousadoiro, Anxeriz; concello TordoiaMonte alto201

12331FervedaConcello de TordoiaPontepedra s/nMonte alto2.305

13FervedaUnión FenosaMonte alto3.950