Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2003 pola que se anuncia o sometemento a información pública do estudio de impacto ambiental dunha petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA nos ríos Ouro e Cancelas, do concurso LU/17/134.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia, estase a tramitar baixo a clave enunciada no encabezado, un procedemento de outorgamento para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 KVA, dun tramo libre dos ríos Ouro e Cancelas.

Publicado no DOG nº 243 de data 18 de decembro de 2001 o oportuno anuncio de información pública simultánea da petición e da documentación técnica e ambiental presentadas, e advertido un erro no prazo de exposición ó público do estudio de impacto ambiental correspondente ó proxecto presentado xunto coa petición da sociedade Chousa da Fonte, S.L., procédese, mediante o presente anuncio, a repeti-lo trámite de exposición do mencionado estudio ambiental.

Polo tanto, para lle dar cumprimento ó disposto no artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 3 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do A.H. no río Ouro, termos municipais do Valadouro e Alfoz, Lugo, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro do organismo autónomo Augas de Galicia - praza de Vigo, 2, 15706 Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles, que comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data de publicación que corresponde facer da presente resolución no DOG. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito

ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción no DOG, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Alfoz e O Valadouro (Lugo).

Os que se consideren interesados terán á súa disposición, para os devanditos efectos informativos, copia do estudio de impacto ambiental para que poida ser examinado, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

* Augas de Galicia: praza de Vigo, 2, 15706 Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo: Edif. Advos. - Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo.

* Concello de Alfoz: r/ Castro, s/n - 27773 Alfoz (Lugo).

* Concello do Valadouro: r/ Feira Nova,1 - Ferreira - 27770 O Valadouro (Lugo).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia