Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dunha asistencia técnica para o soporte funcional dos procedementos das diversas accións das medidas activas de emprego, que se xestionan a través do SXPA, pola Dirección Xeral de Promoción de Emprego e polos servicios de Promoción do Emprego das delegacións provinciais desta consellería. (Expediente 3/2004).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o soporte funcional dos procedementos das diversas accións das medidas activas de emprego, que se xestionan a través do SXPA, pola Dirección Xeral de Promoción de Emprego e polos servicios de Promoción do Emprego das delegacións provinciais desta consellería.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 1 ano desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: douscentos cincuenta e oito mil euros (258.000 A, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 56 50/981 54 01 03, fax: 981 54 01 18. www.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría B ou grupo III, subgrupo 3, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do quinto día natural, contado desde o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais