Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes A Mo e outros pertencentes á parroquia de Matamá, do concello de Vigo.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2003, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Vigo.

Parroquia: Matamá.

Nome do monte: Fonte Santa I.

Cabida: 9,65 ha (superficie alegada na solicitude, incluídos os enclavados).

Lindes:

Norte: estrada de Vilar a Mo e predios particulares de herdeiros de José Pérez Paz, Evaristo Martínez, herdeiros de Juan García, Manuel Alonso Campos e outros.

Sur: camiño de San Andrés e predios particulares de herdeiros de Antonio Alonso Acuña, Justo Comesaña Ucha, Estrella Comesaña Ucha e outros.

Leste: propiedades particulares de herdeiros de José Bastos Alonso, herdeiros de Marcelina Alonso Rico, José Pérez Alonso, Ricardo Agulla, herdeiros

de Paulino Abreu, Amador Comesaña Vila, herdeiros de Cándido Acuña Casal, Eugenio Alonso Rodríguez, Vidal Comesaña Fernández e outros.

Oeste: estrada de Balsa, MVMC de Comesaña e predios particulares de herdeiros de José García Álvarez e outros.

Servidumes: camiños de servicio ó monte e de acceso a predios particulares e ó monte de San Andrés de Comesaña.

Ocupacións: un predio labrado con algunha froiteira.

Enclavados: recinto nº 8: 470 m, recinto nº 9: 267 m, recinto nº 10: 3.451 m.

Nome do monte: Fonte Santa II.

Cabida: 0,04 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: predios particulares de José Pérez Paz.

Sur: camiño das Revoltas.

Leste: camiño das Revoltas.

Oeste: estrada de Balsa.

Servidumes: tendido de luz e teléfono no límite da parcela e paralelo á estrada.

Ocupacións: non hai.

Nome do monte: Maruxento.

Cabida: 6,58 ha (superficie alegada na solicitude, incluídos os enclavados).

Lindes:

Norte: camiño das Millaradas, monte Fonte Santa I (desta mesma solicitude) e propiedades particulares de herdeiros de Valerio Alonso Alonso, Amelia Alonso Abalde e outros.

Sur: MVMC da parroquia de Valadares e propiedades particulares de Claudio Abreu Costas e outros.

Leste: estrada de San Xoán e de baixada A Mo e predios particulares de José Alonso Martínez e Constante Ricoy.

Oeste: camiño a Gaspar e predios particulares de José García García, Agustín González García, Carmen Lorenzo e outros.

Servidumes: camiños e estrada.

Enclavados: recinto nº 2: 255 m, recinto nº 3: 3.506 m, recinto nº 4: 2.671 m, recinto nº 5: 938 m, recinto nº 6: 4.665 m, recinto nº 7: 5.608 m. Superficie total dos seis enclavados: 17.643 m.

Nome do monte: A Mo.

Cabida: 3,50 ha (superficie alegada na solicitude, incluídos o enclavado).

Lindes:

Norte: estrada baixada A Mo.

Sur: propiedades particulares de Ángel Costas, Silverio Alonso Alonso e María Alonso Prado.

Leste: camiño vello da Mo a Beirán e propiedades particulares de Segundo Alonso Pintos, Urbano Pérez Paz, Ventura Alonso Abalde e outros nos lugares Mo e Alborezas.

Oeste: propiedades particulares de José García Rato, Elba Alonso Pérez, José Alonso Abalde, Darío García Campos, Argentina González García, Luis Pintos Alonso, Benjamín Alonso Alonso, herdeiros de Jaime Alonso Pérez, Julio Paz Pérez, Segundo Alonso Pintos e outros.

Servidumes: camiños e senda.

Enclavados: recinto nº 1: 12.345 m

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir ante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra