Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Faro pertencente ó lugar de Barrio, da parroquia de Asperelo, do concello de Rodeiro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2003, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Rodeiro.

Lugar: Barrio.

Parroquia: Asperelo.

Nome do monte: Faro.

Cabida: 340.000 m.

Lindes:

Norte: devasa que limita con monte dos veciños de Ourín.

Sur: monte dos veciños de Couso.

Leste: provincia de Lugo.

Oeste: devasa que separa de propiedades particulares de Manuel Cambeiro Blanco, Ángel Cambeiro Bernárdez, Manuel Panadeiros Romay, Mª Juana López Conde, Andrés Albor, Ramón Mazaira Meijomín, Silvino Fernández Bernárdez, Francisco Jorge Fafián, Valentín Aguiar, Isabel García Lois, Amancio Vence, Francisco Corzo Blanco, Antonio Corzo Bernárdez, Evaristo Corzo Lois e Josefa Conde.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra