Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Campo de Cons e outro pertencentes á parroquia de Mourente, do concello de Pontevedra.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2003, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Mourente.

Nome do monte: Campo de Cons.

Cabida: 25.200 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño de Cons de Abaixo a Minas e predios particulares de Gonzalo Dacosta Blanco, José Pastoriza, José Manuel e Abigail Pastoriza Fandiño, Jesús Torres, Dolores Freijeiro Alén e Dolores Tomé Durán.

Sur: estrada de Cons a Zorretas e predios particulares de Manuel Leiro Torres, José Luis e José Manuel Abal Palmás e Isabel Cochón Palmás.

Leste: predios particulares de Nino Mirón e valado do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.

Oeste: predios particulares de Olegario Peleteiro, José Manuel Soliño Solla e Peregrina Peleteiro Coto.

Ocupacións: escola infantil (3.000 m), campo de fútbol (3.000 m) sen infraestructuras, lavadoiro comunal e parque con árbores.

Servidumes: liña eléctrica de media tensión e outras menores. Liña telefónica, estradas locais e camiño local.

Nome do monte: Monte das Ceñas.

Cabida: 5.200 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño de Ceñas a Condesa e predios particulares de Jesús Magdalena Iglesias e Dolores Magdalena Pérez.

Sur: predios particulares de María Rey Durán, Dolores e Rogelio Couto e herdeiros de Manuel Freijeiro Couto.

Leste: camiño de Ceñas a Condesa.

Oeste: predios particulares de Jesús Magdalena Iglesias, Serafín Quinteiro, Jesús e Carmen Freijeiro Quinteiro e herdeiros de Bernardo López Rodríguez.

Ocupacións: non hai.

Servidumes: non hai.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra