Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.
Domicilio social: r/ Parque, 15, 36000 Silleda.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. r/ P.P.O.-Bandeira.
Situación: concello de Silleda.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.Z., de 262 m de lonxitude, con orixe no C.T. que se proxecta, de 400 kVA R.T. 20 kV/230-400 V, na rúa P.P.O. 21 de Bandeira, no concello de Silleda. R.B.T. de 140 m de lonxitude con conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 3 de novembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra