Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/669-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Cuntiense, S.L.

Domicilio social: Balneario, 1, 36000 Cuntis.

Denominación: L.M.T. Meira 1ª fase.

Situación: concello de Cuntis.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con conductor R.H.Z. de 510 m de lonxitude, con orixe no C.T. de Meira e remate no C.T. de Ran (1ª fase), en Meira, no concello de Cuntis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 3 de novembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra