Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/661-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 1500 A Coruña.

Denominación: variante L.A.T. 132 kV Atios-Balaídos/Citroën en apoios 37-42.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. a 132 kV, de 1.856 m de lonxitude total cun primeiro tramo aéreo de 96 m, desde o apoio 37 ata o 37A-PAS (paso aéreo a subterráneo); un segundo tramo subterráneo de 740 m desde o apoio 37A-PAS ata o 38B-PAS, e un terceiro tramo aéreo de 1.020 m desde o apoio 38B-PAS ata o apoio 42. A instalación discorre polo termo municipal de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 30 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra