Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/662-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: C.T., L.M.T.S. PSY-810 derivación Ponte Sampaio.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con conductor tipo R.H.Z. de 325 m de lonxitude, con orixe no apoio 4 da L.M.T. ó C.T. Ponte Sampaio (a desmontar) e remate no novo C.T. Ponte Sampaio, de 160 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado na Rabaleira, Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra. R.B.T. subterránea de 60 m de lonxitude con orixe no C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra