Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/660-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. aéreo-subterránea ó C.D. igrexa 226.

Situación: concello de Mos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15 kV con conductor LA-56 de 23 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Tameiga 5 e remate no apoio HV-1000/13 desde o que continúa subterránea 21 m, con conductor tipo R.H.V. rematando no centro de distribución Igrexa 226, no concello de Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra