Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 24 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2001/0828-1 e cinco máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e obstrucción á actividade inspectora e de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e os interesados poden formular

contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3º e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advertíndolle que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente delegación provincial, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

EmpresaDomicilio

Localidade

Nº expediente Data resolución

dirección xeral

PreceptosSanción

imposta

InfrinxidoSancionador

Vasco de Gama

Promotions, S.A.

A Coruña2001/0828-1

1515/2001/1/T (AI)

5 de setembro de 2003Artigos 4.2º f) e 29 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.Artigo 7.10º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.2.404,05 A.

Nosopunto, S.L.Ferrol,

A Coruña

2002/0005-1

1614/2001/1/T (AI)

15 de setembro de 2003Artigo 35.2º do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.Artigo 7.5º do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.2.704,55 A.

Coslaco, S.L.A Coruña2002/0013-1

1666/2001/1/H (AI)

14 de outubro de 2003Artigo 3 b), parte C, anexo IV, do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción, en relación co artigo 3 e dos anexos I, III e IV, o artigo 9 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativos á utilización polos traballadores de equipos de protección individual, en relación co artigo 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.Artigo 12.16º f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.1.503,13 A

Bogamar

Galicia, S.L.

A Coruña2002/0015-1

1673/2001/1/H (AI)

14 de outubro de 2003Artigo 3 b), parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción, en relación co artigo 3 e dos anexos I, III e IV, o artigo 9 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativos á utilización polos traballadores de equipos de protección individual, en relación co artigo 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.Artigo 12.16º f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social. 2.103,54 A.

Construcciones

Miguel Casal,

S.L.

Ames,

A Coruña

2002/0067-1

1610/1/H (AI)

5 de setembro de 2003Artigo 21 do convenio colectivo da construcción vixente (BOP do 4-9-1999); anexo IV, parte A, 15, do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción; artigo 190 da Ordenanza laboral para a construcción, vidro, cerámica e similares, aprobada por Orde ministerial do 28 de agosto de 1970. Artigo 18 do R.D. 1627/1997, xa citado. Apartado 7.7.1. da Orde do 28 de xuño de 1988.Artigo 11.4º, 11.5º, 12.6º e 12.16º b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.8.715,28 A

Constructora

Longarriba, S.L.

Bueu,

Pontevedra

2002/0104-4

1268/2001/4/H (AI)

15 de setembro de 2003Artigos 7, 10 e 11 e o punto 3 a) da parte C, do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción; artigo 188 da Ordenanza laboral para a construcción, vidro, cerámica e similares, aprobada pola Orde ministerial do 28 de agosto de 1970; todos eles en relación cos artigos 14.1º e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.Artigos 11.4º e 12.6º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.1.803,64 A