Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 11 de decembro de 2003 pola que se someten a información pública o proxecto de instalacións para a navegación recreativa en Moaña, situado no concello de Moaña (provincia de Pontevedra) e promovido por Portos de Galicia e o estudio de impacto ambiental correspondente ó citado proxecto.

O 23 de maio de 2003, o presidente de Portos de Galicia acordou a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Moaña para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa, a favor da entidade Club Social Moaña Mar, autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público marítimo-terrestre.

Polo que, de acordo coa lexislación vixente, se fai público o proxecto de instalacións para a navegación recreativa en Moaña subscrito en xuño de 2003 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Jesús Moro Mora para que entidades, corporacións ou particulares interesados poidan presentar por escrito as reclamacións que consideren oportunas, no prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia, sitos na praza de Europa 5 A-6º polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, onde poderán examina-la documentación correspondente durante o prazo indicado e nos días hábiles de nove a catorce horas.

Así mesmo, e en cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de trinta (30) días hábiles, o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de instalacións para a navegación recreativa en Moaña, situado no concello de Moaña, provincia de Pontevedra.

Para os efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Ente público Portos de Galicia, servicios centrais.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na provincia de Pontevedra.

-Concello de Moaña.

As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia