Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 174/2003.

Non atopándose no domicilio coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta delegación provincial, todo isto segundo establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 174/2003.

Acta: 375/03.

Empresa: Eurolimp, S.A.

NIF-DNI: A-28672038.

Enderezo: rúa Capitán Eloy, 2-2º, Ourense.

Materia: traballo.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción con proposta de sanción de 300,51 A.

-Escrito concedendo trámite de audiencia á empresa.

Lugo, 18 de novembro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo