Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 18 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 252/2003, incoado por infraccións administrativas na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan, as resolucións na orde social correspondente.

Empresa: Industrias del Poliester Camiña, S.L.

Domicilio, localidade: Catapeixe 14, Cesantes, Redondela.

Número expte.: 252/2003.

Data resol. deleg. prov.: 727/03 (AI).

Precepto infrinxido: 23-10-2003.

Precepto sancionador: apdo. 3.a), parte C, anexo IV, en relación co artigo 11.1º.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Precepto sancionador: arts. 5.2º, 11.4º, 39.3º.a) e c) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 601,02 A.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte á data de notificación da resolución, nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001.

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX.

xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.

Vigo, 18 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra