Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Faxide e outros pertencentes á parroquia de Chaín do concello de Gondomar.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2003, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Gondomar.

Parroquia: Chaín.

Nome do monte: Espiñeira.

Cabida: 8.078 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño e propiedades particulares de Carmen Domínguez Lago, Manuel Salgueiro Salgueiro, Victoria Alonso Salgueiro e Carmen Fernández Pedras.

Sur: camiño e propiedades particulares de Victoria Alonso Salgueiro, Serafín Domínguez Salgueiro e Manuel Couto Fernández.

Leste: propiedades particulares de Nélida Salgueiro Salgueiro, Carmen Couto Fernández, Dolores Domínguez Salgueiro, Luisa Salgueiro Fernández, Manuela Alonso Salgueiro e Constantino Figueroa Salgueiro.

Oeste: camiño Regodagua-Faxide e Paraboa.

Ocupacións: non hai.

Servidumes: non hai.

Nome do monte: Paraboa.

Cabida: 4.172 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Domingo Salgueiro Bravo, David Alonso Fernández, Carmen Salgueiro Rial, Carmen Rial Salgueiro, Alfonso Salgueiro Salgueiro, Dolores Fernández Troncoso, José Domínguez Couto e Nélida Salgueiro Salgueiro.

Sur: camiño a Faxide e camiño de Caiagua e A Teixugueira a Paraboa.

Leste: propiedades particulares de Celso Martínez Figueroa, Cristina Vicente Alonso, Victoria Alonso Salgueiro, Manuel Dacosta Fernández, Alfonso Couto Fernández, Dolores Fernández e herdeiros de José Domínguez.

Oeste: propiedades particulares de Manuel Salgueiro Rial e herdeiros de José Fernández Hermida.

Ocupacións: non hai.

Servidumes: canal de rego, camiño de servicio deste e camiño asfaltado a Faxide.

Nome do monte: Pintor I.

Cabida: 2.272 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Lourdes Alonso Hermida.

Sur e leste: camiño asfaltado da Capela das Mercedes.

Oeste: propiedades particulares de Jesús Couto Alonso.

Ocupacións: non hai.

Servidumes: tendidos de luz e teléfono e unha estrada polo límite oeste da parcela.

Nome do monte: Pintor II.

Cabida: 676 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Dolores Lorenzo Fernández e Carmen Domínguez Lorenzo.

Sur: camiño e propiedade particular de Susana Rivas Álvarez.

Leste: propiedades particulares de Beatriz Salgueiro Méndez.

Oeste: propiedades particulares de Serafín Domínguez Salgueiro.

Ocupacións: non hai.

Servidumes: tendido de luz e teléfono no límite do predio.

Nome do monte: Teixugueira.

Cabida: 25.686 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: camiño e propiedades particulares de Óscar Veiga Domínguez, Manuel Couto Fernández e herdeiros de Manuel Dacosta Fernández.

Sur: camiño e propiedades particulares de Manuel Rodríguez Losada.

Leste: propiedades particulares de Constantino Figueroa Salgueiro, Victoria Alonso Salgueiro, Serafín Domínguez Salgueiro, Manuel Couto Fernández, Raúl Gómez Martínez, Carmen Fernández Durán e Manuel Fernández Durán.

Oeste: camiño do xardín.

Ocupacións: aprécianse algunhas leiras de cultivo e anexos a vivendas.

Servidumes: camiño de acceso ás leiras no extremo norte da parcela.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto

no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2 do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común