Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de novembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Coteliño pertencente ó lugar da Insua, da parroquia da Insua, do concello de Ponte Caldelas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión

que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Ponte Caldelas.

Lugar: A Insua.

Parroquia: A Insua.

Nome do monte: Coteliño.

Cabida: 2,70 ha (superficie alegada na solicitude).

Límites:

Norte: propiedades particulares de herdeiros de Evelisa Baqueiro Garrido, Rosa Vidal Lopo, Pastora Amoedo Garrido e Carmen Muiños Fernández.

Sur: propiedades particulares de Arturo Bouzas Vidal, Adelina Martínez Baqueiro, Joaquín Luciano Aguiar Barros, Manuel Vilariño Santoro, Celina Montero Montero e Regueiro do Cabo.

Leste: propiedades particulares de Cándida González González, Mª Dolores Vidal Lusquiños, Mª Aldita Lusquiños Lorenzo, Manuel Laíns Barros, Alfredo Orge Garrido, Manuel Laíns Barros, Herdeiros de Francisco Aspera e Perfecto Vilariño Pacheco.

Oeste: propiedades particulares de Carmen Muiños Fernández, Esperanza Regueira Ventín, herdeiros de Purificación González Lopo, Manuel Álvarez Lorenzo, herdeiros de Adelaida Muiños Vázquez, herdeiros de Oswaldo Alfonspo Baqueiro Aspera, herdeiros de Deolinda Baqueiro Dacosta, Carmen Garrido de la Encarnación, herdeiros de Soledad Amoedo, herdeiros de Manuel Francisco Amoedo Amoedo, herdeiros de Manuel Amoedo Vidal, Manuel Álvarez Lorenzo e herdeiros de Esperanza Regueira Ventín.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 14 de novembro do 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra