Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (559 e 609/2003).

Misael León Noriega, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Oviedo, fago saber que no procedemento de demanda 559/2003 e acumulado 609/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Blas García González contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, dictouse con data do 12 de novembro de 2003, sentencia que ten como parte dispositiva, copiada no seu teor literal, di:

«Decido que estimo a demanda interposta por Blas García González contra a empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e declaro a improcedencia do despedimento do demandante, condenando a empresa demandada a que, pola súa elección, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte mediante escrito ou comparecencia ante a secretaría deste xulgado do social, entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento dunha indemnización en contía de 742,26 euros (setecentos corenta e dous con vinteseis euros), equivalente a 45 días de salario por ano de servicio, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data da sentencia, que ata o día de hoxe ascenden a 9.640,68 euros (nove mil seiscentos corenta con sesenta e oito euros), e no caso de que optase pola readmisión ó pagamento dos salarios deixados de percibir desde que se produciu o

despedimento e ata a data da sentencia ou ata que encontrase outro emprego se se acreditase tal colocación e que ascenden ata a data presente á cantidade xa mencionada de 9.640,68 euros. Respondendo subsidiariamente Fogasa dentro dos límites legalmente establecidos.

Notifíquese esta sentencia ás partes advertíndolles que, conta ela, poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentencia, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ó recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá deposita-la cantidade de 150,25 euros na conta aberta na oficina principal de Banesto, co domicilio na rúa Santa Cruz de Oviedo a nome deste xulgado co nº 3359000065055903, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentencia ó pagamento dalgunha cantidade, consignar na Conta de Depósitos e Consig

nacións aberta no anterior banco a nome deste xulgado, co nº de conta citado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no que se faga consta-la responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ó momento de anuncialo. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado. Cristina García Fernández».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. En Oviedo, doce de novembro de dous mil tres.

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA