Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (590/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 590/2001, por instancia da Xunta de Galicia contra a Tesourería da Seguridade Social e María José López Gómez sobre outros extremos, nos que recaeu sentencia o 30-10-2003, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que desestimando a demanda formulada pola Xunta de Galicia debo declarar e declaro conforme dereito a resolución da Tesourería Xeral da Seguridade Social que se impugna e absolvo as demandadas Tesourería Xeral da Seguridade Social e a codemandada María José López Gómez de tódolos pedimentos contidos naquela.

Notifíquesellas esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a María José López Gómez, expido e asino esta cédula na Coruña o 17 de novembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado