Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.926

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de decembro de 2003 pola que se establecen axudas periódicas de prevención e apoio a familias para a integración do menor.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 244, do mércores, día 17 de decembro de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 15.494 na marxe dereita, despois do primeiro parágrafo, onde di: «Disposicións derradeiras», debe dicir: «Disposicións adicionais».