Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.926

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se amplía o cadro de persoal do servicio de garda dos xulgados de instrucción da Coruña.

A Lei 17/1980, pola que se establece o réxime retributivo dos funcionarios da Administración de xustiza, faculta no seu artigo 13 -modificado pola Lei 42/1994 e a Lei 13/1996, ámbalas dúas de medidas fiscais, administrativas e da orde social- os ministerios de Economía e Facenda e de Xustiza, conxuntamente, e logo do informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, para fixa-lo réxime e a contía do complemento de destino do dito colectivo.

En desenvolvemento desta previsión, a Orde ministerial (Presidencia) nº 1417/2003, do 3 de xuño, regulou as retribucións complementarias por servicio de garda do persoal ó servicio da Administración de xustiza.

O parágrafo cuarto do punto décimo sexto desta orde ministerial faculta o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza ou órgano equivalente das comunidades autónomas que teñan asumida a xestión de funcións e servicios na materia, para modificar, atendendo ás necesidades do servicio e ás circunstancias especiais que concorran en determinados partidos xudiciais e tralo acordo coas organizacións sindicais máis representativas, o número de funcionarios que presten o servicio de garda.

En consideración á carga de traballo que afecta o xulgado en funcións de garda na cidade da Coruña, de acordo coas organizacións sindicais presentes na mesa sectorial do persoal ó servicio da Administración de xustiza dependente da Comunidade Autónoma de Galicia, e en virtude do establecido no artigo 20.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2397/1996, sobre transferencia a esta comunidade de medios para o servicio da Administración de xustiza, no artigo 272 da LOPX e no artigo 7 do Decreto 226/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, esta dirección xeral

ACORDA:

1. No partido xudicial da Coruña, ampliar en dous funcionarios máis o cadro de persoal dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes do xulgado de instrucción que integran a quenda de servicio de garda, en relación coa prevista no punto sétimo da Orde ministerial (Presidencia) nº 1417/2003, do 3 de xuño, pola que se regulan as retribucións por servicios de garda do persoal ó servicio da Administración de xustiza.

Disposición final

Única.-A ampliación do cadro de persoal de garda acordada nesta resolución será efectiva a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral Justicia

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E

VOLUNTARIADO