Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.927

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral do convenio colectivo do sector da pintura.

Visto o expediente do calendario laboral do convenio colectivo do sector de pintura que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-11-2003 e subscrito en representación da parte económica por APECCO, e da parte social, pola UGT e CIG o día 19-11-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de novembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 1. Convenio pintura. Provincia da Coruña

Asistentes:

-Por APECCO:

Ángel Brey Castro.

José Angel Otero Rey.

Antonio Presedo Vázquez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

-Por UGT:

Celestino Pérez Vázquez.

Manuel Martínez Arnoso.

-Por CIG:

Faustino Barcía Santos.

Na cidade da Coruña, o 19 de novembro de 2003, sendo as 17.00 horas, reúnense nos locais de APECCO, os señores que arriba se relacionan, para proceder a dar cumprimento ós trámites de constitución

de mesa para negocia-lo convenio colectivo provincial da Coruña de pintura para o ano 2004, e recoñecemento de lexitimidade.

En representación das centrais UGT, CIG e CC.OO, asistirán as seguintes persoas:

-Por UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

Celestino Pérez Vázquez.

Manuel Martínez Arnoso.

-Por CIG:

Victorino Ares Prado.

Faustino García Santos.

José Luis Rúa Prado.

-Por CC.OO.:

Arigimiro González Pérez.

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.

E en representación da Asociación Provincial da Construcción da Coruña, APECCO:

Juan Afonso Moraes Rey.

Ángel Brey Castro.

César Prado Maceiras.

Manuel López Fernández.

José Ángel Otero Rey.

Antonio Presedo Vázquez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Nos expresados términos queda constituida a mesa negociadora do convenio colectivo de pintura da provincia da Coruña.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación con relación ó calendario laboral que rexerá para o ano 2004, cun total de 1.760 horas efectivas de traballo, acórdase aprobar por unanimidade o cadro que se xunta esta acta e que entrará en vigor na data da súa sinatura. No suposto de que na negociación do convenio provincial de pintura se acordase rebaixa-lo número de horas efectivas de traballo anual para o ano 2004, procederíase a reaxustar este calendario á dita xornada.

En consecuencia, páctanse como festivos para o ano 2004 os seguintes:

* 2 e 5 de xaneiro.

* 23 e 24 de febreiro.

* 8 e 11 de outubro.

* 7, 24 e 31 de decembro.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario para a presentación do calendario reseñado ante a Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase esta acta no lugar e data máis arriba indicados.