Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 16 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos, para escolares de niveis non universitarios sobre a educación do consumidor.

Por Resolución conxunta do 29 de agosto de 2003 (DOG nº 171, do xoves 4 de setembro), a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Consumo, convocaron premios de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos sobre a educación do consumidor para escolares de niveis non universitarios. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases polo xurado mencionado na base sexta da citada orde, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos presentados conforme a Resolución conxunta do 29 de agosto de 2003, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2003.

Alberto González ArmestoVíctor Tello Calvo

Director xeral de CentrosPresidente do Instituto

e Ordenación EducativaGalego de Consumo

ANEXO

Debuxos e bandas deseñadas:

-Premio para o mellor cartel ou debuxo colectivo do alumnado de educación infantil:

«Reciclamos», dos alumnos e alumnas de educación infantil do C.R.A. de Tomiño, sito en Tomiño (Pontevedra), dotado con 750 euros, dos cales 300 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico etc., para os gañadores, e 450 euros serán para o centro.

-Premio para o mellor debuxo colectivo realizado por alumnos e alumnas de 1º e 2º ciclo de educación primaria:

Para os debuxos que levan por título: «Non es máis por ter máis», de 4º curso de educación primaria do CEIP Santa Baia de Boiro (A Coruña), dotado con 900 euros, dos cales 390 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico etc., para os gañadores, e 510 euros serán para o centro.

-Premio para a mellor banda deseñada colectiva dos alumnos e alumnas de 3º ciclo de educación primaria:

Para o traballo: «Buscamos máis calidade e menos prezo», dos alumnos: Shad Mohamed Matar, Andrea Fernández Luaces, Mª del Mar Castro Rivas e Estefanía Carro Grela de 6º curso de educación primaria do CEIP Vite I de Santiago de Compostela (A Coruña) dotado con 900 euros, dos cales 390 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico etc., para os gañadores, e 510 euros serán para o centro.

-Premio para a mellor banda deseñada colectiva dos alumnos e alumnas do 1º ciclo da ESO:

Para o traballo: «Consumismo: se ti mesmo», das alumnas: Laura Parada Rey e Consuelo Torres Duarte, de 1º ciclo da ESO, do Colexio Abrente, de Portonovo (Pontevedra), dotado con 1.050 euros, dos cales 450 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para as gañadoras, e 600 euros serán para o centro.

Relatos curtos:

-Premio para o mellor relato curto de ficción sobre un tema de consumo para alumnos e alumnas do 2º ciclo da ESO, bachalerato, ciclos formativos, formación profesional de 1º e 2º grao:

Para o relato titulado: «Vacaciones con consumín» colectivo dos alumnos e alumnas, de 4º curso da ESO, do IES Vilalonga de Sanxenxo (Pontevedra), dotado con 1.200 euros, dos cales 540 euros se investirán en material didáctico, lúdico, etc. para os gañadores, e 660 euros serán para o centro.

Carteis:

-Premio para o mellor cartel presentado por alumnos e alumnas de escolas de arte:

«¿Decides?», colectivo de 8 alumnos e alumnas de 2º curso de gráfica publicitaria da Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo, dotado con 1.200 euros,

dos cales 540 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o os gañadores e 660 euros serán para o centro.