Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de decembro de 2003 pola que se reclasifican determinadas fundacións e se adscriben ós departamentos da Xunta de Galicia competentes para o exercicio do seu protectorado.

Por Decreto da Presidencia 280/2003, do 17 de xuño, modifícase a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e por Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, fíxase a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Esta normativa fixa unha distribución competencial distinta á existente ata ese momento que aconsella a reclasificación de determinadas fundacións e a conseguinte modificación da súa adscrición ás distintas consellerías, para os efectos do exercicio do seu protectorado

Na súa virtude, logo de acordo da Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do vintecinco de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Reclasifícanse por razón do seu obxecto e adscríbense á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais as fundacións Forem, Galfor, Mestre Mateo, Inladi, Ronsel, Milenio, Magistra, Emprende, Laboral da Pizarra, Forga e Érguete Integración; anteriormente baixo o protectorado da antiga Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Así mesmo tamén se reclasifican por razón do seu obxecto e se adcriben á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais as fundacións Fontelco, Elco, Santelco, Edelmiro Otero Calvo, Orelco, Eulogio Gómez Franqueira, Paz e Solidaridade e Prevención de Riscos Laborais.

Anteriormente baixo o protectorado da antiga Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 2º

Reclasifícase por razón do seu obxecto e adscríbese a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado a Fundación Provincial Banco de Alimentos, anteriormente baixo o protectorado da antiga Consellería de Asuntos Sociais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para que instrumente o disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte, ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de decembro de dous mil tres.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública