Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de agosto de 2003 pola que se convocan os Premios Galicia de Comunicación 2003.

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG nº 166, do xoves 28 de agosto de 2003, é necesario face-la oportuna corrección:

Na páxina 10.982, anexo I, base segunda, onde di: «Os Premios Galicia de Comunicación 2003, dotados cada un deles coa contía de seis mil doce (6.012 A) euros, serán seis:», deberá dicir: «Os Premios Galicia de Comunicación 2003, dotados cada un deles coa contía de seis mil doce (6.012 A) euros, excluída no seu caso, a retención que legalmente corresponda, serán seis:».