Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.900

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 16 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios ás mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, dentro do marco da Rede de Educación do Consumidor e a selección dos novos proxectos presentados por centros educativos que se incorporan á citada rede.

Por Resolución conxunta do 29 de agosto do 2003 (DOG nº 171, do 4 de setembro ), da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, convocouse un concurso para premia-las mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor, desenvolvidas dentro do marco da Rede de Educación do Consumidor, e para a selección de novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios que desexen incorporarse á citada rede. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases, polo xurado mencionado nas bases 6º e 7º da citada orde, procede a súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para as memorias dos proxectos realizados dentro do marco da Rede de Educación do Consumidor no curso escolar 2002-2003, así como a selección dos centros escolares de niveis non universitarios que se incorporan á devandita rede, presentados de acordo coa Resolución conxunta do 29 de agosto de 2003, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 16 de diciembre de 2003.

Víctor Tello CalvoAlberto González Armesto

Presidente do InstitutoDirector xeral de Centros

Galego de Consumo e Ordenación Educativa

ANEXO

Premios ás memorias:

1. CEIP Ardán.

Localidade: Marín (Pontevedra).

Título do proxecto: Alimentación sa e segura.

Coordinador: Jesús Portas Ferro.

2. IES Porta da Auga.

Localidade: Ribadeo (Lugo).

Título do proxecto: A austeridade, peza clave nos nosos hábitos de consumo.

Coordinador: Antonio Gregorio Montes.

3. CEIP Santo Estevo.

Localidade: Parga (Lugo).

Título do proxecto: Tres erres fronte ó consumismo: reducción, reutilización e reciclaxe (2ª parte).

Coordinadora: Mª Teresa Maseda Paz.

4. CEIP San Clodio.

Localidade: Ribas de Sil (Lugo).

Título do proxecto: Medioambiente e consumo: repercusións e solucións (2ª parte).

Coordinador: Manuel F. Cao Rodríguez.

5. CEIP Froebel.

Localidade: Pontevedra.

Título do proxecto: Alimentación ecoloxía e consumo.

Coordinadora: Mª Teresa Couto Nogueira.

6. CEIP Enrique Barreiro Piñeiro.

Localidade: Cambados (Pontevedra).

Título do proxecto: Aprendendo a consumir. Os cultivos en invernadoiro.

Coordinador: José Piñeiro Fernández.

7. CEIP Lourido.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Título do proxecto: Descubrindo incógnitas: a nosa meta o consumerismo (2ª parte).

Coordinador: Manuel V. Fontán Teso.

8. CEIP Santa Rita.

Localidade: Galdo (Lugo).

Título do proxecto: Da semente ó mercado (2ª parte).

Coordinador: José Rodríguez Costa.

9. CEIP Santa María do Castro.

Localidade: Boiro (A Coruña).

Título do proxecto: Aprendendo a consumir (2ª parte).

Coordinador: Vicente Barreiro Mesa.

10. Colexio Sagrado Corazón de Jesús.

Localidade: Ribadeo (Lugo).

Título do proxecto: Comemos coa cabeza (2ª parte).

Coordinadora: Begoña Sanjurjo Santar.

11. CEIP Ramón Otero Pedrayo.

Localidade: Amoeiro (Ourense).

Título do proxecto: Etiquetas alimentarias.

Coordinadora: Sara Pérez Pérez.

12. CEIP Seis do Nadal.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Título do proxecto: Consumir papel responsablemente.

Coordinadora: Mª José Otero López.

13. IES Viana do Bolo.

Localidade: Viana do Bolo (Ourense).

Título do proxecto: ¿Sabemos consumir?.

Coordinador: Luis Fernández López.

14. CEIP Verducido.

Localidade: Pontevedra.

Título do proxecto: O neno/a consumidor/a responsable.

Coordinadora: Raquel Mera Dios.

15. CEIP Bergantiños.

Localidade: Carballo de Bergantiños (A Coruña).

Título do proxecto: A saúde: un enfoque transversal da educación do consumidor e da educación ambiental.

Coordinadora: Josefina Rey Baldomir.

16. CPI Celso Emilio Ferreiro.

Localidade: Vigo.

Título do proxecto: Obradoiros sobre alimentación e conservación dos alimentos.

Coordinadora: Montserrat Estévez Reinosa.

De acordo co punto 3 da citada resolución conxunta, o xurado decide que os centros seleccionados para formar parte da rede son os seguintes:

Centros que se adscriben á rede:

1. IES Vilalonga.

Localidade: Sanxenxo (Pontevedra).

Título do proxecto: ¿Sinais de fume?.

Coordinadora: Carmen Pena Souto.

2. CEIP Javier Sensat.

Localidade: Vigo.

Título do proxecto: Alimentos para medrar.

Coordinadora: Josefa Fernandez Rodríguez.

3. CEIP Domaio.

Localidade: Moaña (Pontevedra).

Título do proxecto: O seixo rodante: ¿Sabes comer?.

Coordinadora: Ángeles Toucedo Rey.